Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE MATERIAL ESCOLAR A BENEFICIO DO CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS DE NARÓN
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE MATERIAL ESCOLAR A BENEFICIO DO CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS DE NARÓN
A doazón realízase a través das librerías adheridas a esta iniciativa.
Narón, 20 de Setembro de 2014.- O Concello de Narón ven de iniciar unha campaña de recollida de material escolar nas librerías de Narón, destinada ó Centro de Recursos Solidarios (CRS).

A Concelleira de Acción Social, Catalina García, entregou esta mesma semana os colectores de recollida de material ós responsables de dous establecementos colaboradores: a Librería Galicia (Xuvia) e a Librería Nova (Santa Icía). Tamén está confirmada a participación nesta campaña -que se prolongará ata finais de decembro- das Librería Day (A Gándara) e a Librería Breogán (Santa Icía), aínda que o Concello tratará de que participen tamén as 9 librerías restantes, e incluso os centros escolares.

A idea é instalar estes depósitos nos establecementos comerciais, para que as persoas que desexen doar material escolar (bolígrafos, cadernos, folios, etc..) o poidan adquirir nestas mesmas librerías e depositar nos colectores.

Máis adiante, a partires do mes de xuño de 2015 realizarase outra recollida de material de cara ó curso 2015/2016. “Queremos axudar ás familias con poucos recursos e ó mesmo tempo axudar a promover o comercio local” asegurou a Concelleira de Acción Social, Catalina García.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal