Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
CONVOCADO O PLENO ORDINARIO PARA O VINDEIRO XOVES DÍA VINTESETE DE SETEMBRO DE 2007
CONVOCADO O PLENO ORDINARIO PARA O VINDEIRO XOVES DÍA VINTESETE DE SETEMBRO DE 2007
A Alcaldía do Concello de Narón convocou na mañá de hoxe o Pleno que, con carácter ordinario, reunirase o vindeiro xoves día vintesete de setembro ás dezanove horas.
O Orde do día da devandita sesión será o seguinte:

1º.-Aprobación , se procede, das actas das últimas sesións (26-07-07 e 29-08-07) .
2º.-Dar conta dunha resolución da Alcaldía sobre delegación de materias nun concelleiro.
3º.-Proposta de ratificación do nomeamento de avogado nun procedemento contencioso-administrativo.
4º.-Proposta sobre alegacións ao expediente de expropiación vial de saída de rúa Cangas á Estrada de Castela.
5º.-Proposta sobre as alegacións presentadas ao proxecto de expropiación para urbanización de vial de enlace entre a rúa Virxe de Covadonga e rúa Roncesvalles.
6º.-Proposta sobre determinación de festas locais para o ano 2008.
7º.-Proposta sobre expediente de modificación de créditos extraordinarios e suplementos de créditos financiados mediante remanente líquido de Tesourería.
8º.-Moción dos Grupos Municipais do BNG, PSOE e PP, relativa á creación dunha comisión para a revisión das taxas de acometida das redes de saneamento e abastecemento de auga no rural.
9º.-Moción do Partido Popular sobre o cobro do consumo real do consumo de auga.
10º.-Proposta de nomeamento dun representante do Concello de Narón na Comisión de Participación Cidadá da Área Sanitaria de Ferrol.
11º.-Moción do Grupo Municipal do PsdeG-PSOE sobre a actuación dos representantes municipais nos organismos con representación do Concello de Narón.
12º.-Moción do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego relativa á participación cidadá.
13º.-Actividade de control do pleno:
1.- Mocións urxentes.
2.- Dación de conta resolucións órganos de goberno
3.- Rogos e preguntas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal