Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A FACHADA DO CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS SE DECORARÁ CUN GRAFFITTI INSPIRADO NO FILÓSOFO SÉNECA
A FACHADA DO CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS SE DECORARÁ CUN GRAFFITTI INSPIRADO NO FILÓSOFO SÉNECA
O graffiteiro Mene realizou un deseño baseado na frase "No hay bien alguno que nos deleite si no lo compartimos"
Narón, 22 de Setembro de 2014.- A Concelleira de Acción Social de Narón, Catalina García, presentou hoxe en rolda de prensa un traballo artístico que se desenvolverá na fachada do Centro de Recursos Solidarios (CRS) de Narón. Trátase dun deseño inspirado na frase “No hay bien alguno que nos deleite si no lo compartimos” do filósofo romano Séneca.

Esta creación é obra do graffiteiro Ernesto de Cicco, coñecido polo nome artístico de “Mene”, e que colabora habitualmente coas actividades xuvenís promovidas polo Concello de Narón (como o Encontro Local da Mocidade, o programa Prazas Vivas, ou as Actividades Extraescolares).

Tal e como explicou hoxe na súa presentación, Mene tratou de reflexar nesta composición un novo amencer, no que estean presentes o traballo en equipo (simbolizado no puzzle), a unión (expresada no muro e nas cadeas) e a coordinación de forzas (o engranaxe).

Esta obra se plasmará no portalón de entrada do CRS, situado no polígono de As Lagoas, para poder identificar claramente esta nave onde se presta axuda ás persoas e colectivos que o precisan, de forma altruista. Na presentación tamén participou Pilar Rodríguez, en representación de Cáritas –que xunto con Dignidad son as dúas ONGS que xestionan o CRS-.

Para pintar este graffiti, Mene disporá de 37 sprays doados pola empresa Montana Colors (con sede en Barcelona), a quen a Concelleira de Acción Social quixo facer un recoñecemento público, pola súa aportación altruista.

Catalina García tamén fixo un chamamento á veciñanza porque o Centro de Recursos Solidarios precisa de forma urxente de leite e aceite, ó estarse a piques de esgotar as súas reservas. As doazóns poden realizarse nos supermercados colaboradores do CRS (Froiz, Eroski, Carrefour, Lidl e Gadis).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal