O PASEO MARÍTIMO DE XUVIA ACOLLERÁ A 72ª EXPOSICIÓN MONOGRÁFICA DO PASTOR ALEMÁN 'TROFEO CIDADE DE NARÓN'
O evento terá lugar o domingo 28 de setembro, coa participación aproximada dun centenar de exemplares de España e Portugal.
Narón, 22 de Setembro de 2014.- O Paseo Marítimo de Xuvia acollerá o vindeiro domingo 28 de setembro a 72ª Exposición Monográfica do Pastor Alemán ‘Cidade de Narón’, organizada pola delegación galega do Real Club del Perro de Pastor Alemán (CEPPA) en colaboración co Concello de Narón.
O evento foi presentado hoxe en rolda de prensa pola Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, e o representante da CEPPA, Paco Feal. Está prevista a participación aproximada de 100 exemplares de Pastor Alemán, que serán xulgados e valorados por tres xuices de máximo nivel: Lothar Quoll e Hans-Peter Fetten (ambos alemáns) e Javier Silva.
A Exposición se celebrará no Paseo Marítimo de Xuvia (onde tamén haberá unha zona de restauración, para quen desexe xantar neste lugar) de 9:30 a 17:30 horas, con entrada libre. Inclúe unha homenaxe a José Abad, directivo do CEPPA, recentemente falecido.
As inscricións están abertas, e poden realizarse a través da web: www.realceppa.es
Haberá seis clases de participación:
-Cachorros de 4 a 6 meses
-Cachorros de 6 a 9 meses
-Cachorros de 9 a 12 meses
-Moi xóvenes de 12 a 18 meses
-Xóvenes de 18 a 24 meses
-Máis de 24 meses
A Concelleira de Deportes animou á xente “a que se achegue ó Paseo Marítimo de Xuvia, posto que é unha ocasión única para disfrutar dunha exposición monográfica de Pastor Alemán desta calidade”, asegurou Natalia Hermida.