Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO 'OBRADOIRO DE COCIÑA SAUDABLE' DIRIXIDO A HOMES A PARTIR DE 18 ANOS
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO 'OBRADOIRO DE COCIÑA SAUDABLE' DIRIXIDO A HOMES A PARTIR DE 18 ANOS
Trátase dunha actividade da Concellería de Promoción Social, de carácter gratuito, e que se impartirá nos centros comunitarios de Casas da Mariña e Manuela Pérez Sequeiros.
Narón, 25 de Setembro de 2014.- A Concellería de Promoción Social de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, acaba de abrir o prazo de inscrición para o Obradoiro de Cociña Saudable, dirixido a homes a partir de 18 anos de idade. Os participantes aprenderán a elaborar receitas saudables e sinxelas, a manipular alimentos e útiles de cociña, a realizar a limpeza doméstica e a organizar a compra, así como técnicas e preparación de alimentos.

Os obradoiros realizaranse nos centros comunitarios de Casas da Mariña (Santa Icía) e Manuela Pérez Sequeiros (O Alto) e terán unha duración de 25 horas divididas en seis xornadas (os venres e sábados de 16:30 a 20:30 horas).

As solicitudes deberán presentarse no Servizo Sociocomunitario Municipal (situado na 1ª pranta do Concello), e existen 24 prazas disponibles. O obradoiro ten carácter gratuito.

Os obxectivos principais deste taller dirixido a homes son os seguintes:

-Aprender diferentes técnicas, habilidades e destrezas no eido da cociña.

-Compartir espazo e tempo por parte de diferentes xeracións.

-Promover que o ámbito comunitario do Concello sexa un espazo realmente corresponsable.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal