Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADRÓN MUNICIPAL DE NARÓN SUPERA XA OS 40.000 HABITANTES
Narón segue a ser a oitava cidade de Galicia, con 39.450 habitantes recoñecidos polo INE en 2013.
Narón, 30 de Setembro de 2014.- O Padrón Municipal do Concello de Narón conta oficialmente dende hoxe con 40.000 habitantes, logo de que o Instituto Nacional de Estatística (INE) remitise o ficheiro trimestral de altas, no que se recollen 26 nacementos vinculados a este municipio. Unha vez introducidos estes datos no Padrón Municipal, a persoa rexistrada co número 40.000 resultou ser unha veciña de A Gándara, de nome Alejandra C.S., que casualmente naceu o pasado día 25 de xullo, festividade de Galicia. O vindeiro sábado 4 de outubro, Alejandra -de dous meses de idade- recibirá a credencial de cidadá número 40.000 do Concello de Narón, que será entregada polo Alcalde de Narón ós seus pais. Será no transcurso dun acto que terá lugar no Café Teatro do Pazo da Cultura, no que tamén haberá outras sorpresas para celebrar a chegada a esta cifra de poboación. A pirámide dos 40.000 habitantes de Narón recolle máis mulleres (20.544) que homes (19.456), cun rango medio de idade situado entre os 30 e os 49 anos. Ademáis, oficialmente Narón segue a ser a oitava cidade de Galicia, con 39.450 habitantes recoñecidos polo INE a 1 de xaneiro de 2013.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal