Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO CONTA XA CON 12 PARQUES INFANTIS CERTIFICADOS POLA ENAC E HOMOLOGADOS POLA UNIÓN EUROPEA
O CONCELLO CONTA XA CON 12 PARQUES INFANTIS CERTIFICADOS POLA ENAC E HOMOLOGADOS POLA UNIÓN EUROPEA
No prazo de dous anos estarán homologados tódolos espazos de xogo infantil, que en conxunto suman 63 parques.
Narón, 27 de Setembro de 2014.- O Concelleiro de Servizos de Narón, Pablo Mauriz, ven de anunciar que o Concello de Narón dispón actualmente de 12 parques infantís (dun total de 63) que cumpren a normativa 1176 da Unión Europea (UE) sobre seguridade infantil, certificada a través da ENAC (Entidade Nacional de Acreditación).

Estas certificacións forman parte dun plan de actuación que está a levar a Concellería de Servizos dende abril deste ano ata abril do ano 2016, cun orzamento de 180.000 €. Este plan permitirá revisar e adaptar tódolos parques infantís e os seus elementos de xogo, ós estándares europeos de seguridade infantil. Cabe destacar que Narón dispón de un parque por cada 580 habitantes, o que sitúa a este municipio á cabeza das cidades con maior número de zonas verdes e de ocio da provincia.

O listado de parques certificados é o seguinte:

-Paseo de Xuvia.
-Praza do Concello (Xuvia).
-Río Arnoia (Piñeiros).
-Local Social de Piñeiros.
-Vivendas Profeco (Piñeiros).
-Escola Infantil Municipal de Piñeiros.
-Praza de Galicia (O Alto).
-Rúa 25 de Novembro (O Alto).
-Rúa 25 de Xullo (O Alto).
-Muiño de Pedroso.
-Rúa Virxe de Covadonga (A Gándara).
-Rúa Italia (O Alto).

Os parques infantís xa certificados e homologados dispoñen dun logotipo identificativo. Nalgúns deles, estanse a arranxar os elementos de xogo (que son trasladados ó taller para a súa posta a punto, e colocados posteriormente) e noutros se substituirán por obxectos novos, ó non ser posible o seu amaño debido ó estado de conservación.

Ademáis da certificación, estes parques infantís someteránse a un mantemento anual, e incorporarán un sistema electrónico de control en tempo real, a través dun sensor situado en cada elemento de xogo (algúns deles xa incorporan este sistema). O sensor actívase ó contacto cun teléfono móbil, que envía á central un resumen das incidencias, traballos e actuacións que se realicen. Incluso se poderán xerar estatísticas coas que se obter datos, tales como as incidencias máis frecuentes por zonas, os elementos de xogo máis problemáticos, e outra información que servirá para optimizar as áreas de xogo e o seu uso.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal