Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
RECEPCIÓN INSTITUCIONAL Á CIDADÁ NÚMERO 40.000 DE NARÓN
Alejandra Couce Souto, de dous meses de idade e veciña de A Gándara, recibíu una credencial e diversos obsequios para conmemorar este momento.
Narón, 4 de Outubro de 2014.- Os representantes municipais do Concello de Narón, encabezados polo Alcalde, José Manuel Blanco, ofreceron esta mañá unha recepción institucional a Alejandra Couce Souto, de dous meses de idade, e quen ten a honra de ser a habitante número 40.000 no Padrón Municipal de Narón. O encontro produciuse no Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón, onde o Alcalde fixo entrega ós pais de Alejandra (nacida o pasado 25 de xullo de 2014, Día de Galicia) dunha credencial que a distingue como cidadá número 40.000 de Narón. Ó ter acadado esta cifra (o pasado martes 30 de setembro), o Concello de Narón tamén fixo entrega á agraciada dun cheque por valor de 300 € para compras no comercio de Narón, e un carnet que lle permitirá o acceso gratuito -a ela e a dous acompañantes- ós eventos culturais e deportivos (como espectáculos teatrais ou partidos de fútbol) do municipio ata que cumpra a maioría de idade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal