Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A XIV FEIRA DO MEL E PRODUTOS ECOLÓXICOS CELÉBRASE O DOMINGO 12 DE OUTUBRO NO RECINTO FEIRAL DO TRECE
A XIV FEIRA DO MEL E PRODUTOS ECOLÓXICOS CELÉBRASE O DOMINGO 12 DE OUTUBRO NO RECINTO FEIRAL DO TRECE
Organizada pola Asociación Galega de Apicultura (AGA) en colaboración co Concello. Participan 9 apicultores e 13 produtores ecolóxicos.
Narón, 9 de Outubro de 2014.- A Concelleira de Feiras e Mercados, Mª del Mar Gómez, o Concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Ramos, e o delegado en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura (AGA), Rafael Díaz, presentaron hoxe en rolda de prensa a XIV Feira do Mel e Produtos Ecolóxicos, que terá lugar o domingo 12 de outubro no Recinto Feiral do Trece (en horario de 10 a 14 e de 16 a 19 horas), con entrada de balde.

Nesta ocasión participarán 9 apicultores e 13 produtores ecolóxicos da comarca, que ofrecerán diferentes produtos como: hortalizas, embutidos, carnes, conservas, sidra, chocolates, aloe vera e produtos dietéticos.

Ademáis, os visitantes que se acheguen ata Sedes poderán participar en dous obradoiros didácticos (sobre Elaboración de velas coa cera, e Procesado do mel) e no sorteo de 13 cestas con produtos ecolóxicos. Tamén haberá un stand de recollida de alimentos e roupa a beneficio do Centro de Recursos Solidarios (CRS) de Narón, e unha degustación de pan con mel.

Paralelamente, organizaranse tres xornadas técnicas que terán lugar no parque temático de Aldea Nova, sobre os seguintes temas:

Martes 14 de outubro: “FACTORES DA CALIDADE DO MEL” por Noelia Gabeiras Alonso, técnica responsable do laboratorio da “Casa do Mel” de Goente. Realizarase un repaso dos parámetros e normas que definen a calidade do mel.

Mércores 15 de outubro: “ABELLAS E FRUTAIS, mutualismo ecológico perfecto” a cargo do equipo técnico da Asociación Galega da Froita Autóctona e da Delegación de Ferrolterra de AGA. Falarase sobre a importancia da polinización sobor a biodiversidade e na fruticultura en particular. Exporanse as posibilidades económicas que ofrecen de xeito conxunto.

Xoves 16 de outubro: “A VESPA VELUTINA NA NOSA TERRA”. Mesa redonda. Participarán o equipo técnico das delegacións de Ortigueira e Ferrolterra de AGA e apicultores de Cedeira. Debatirase sobre o coñecemento biloxico e incidencia actual na apicultura e no medio ambiente en xeral. Métodos de control. Participación activa de apicultores afectados de Cedeira e seus métodos prácticos de control.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal