Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN TERRARENDIBLE PROMOVEN CHARLAS INFORMATIVAS EN A GÁNDARA E O COUTO
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN TERRARENDIBLE PROMOVEN CHARLAS INFORMATIVAS EN A GÁNDARA E O COUTO
A asociación agroforestal aglutina xa a 60 propietarios de terreos forestais de Narón e comarca.
Narón, 17 de Outubro de 2014.- O Concello de Narón e a Asociación agroforestal TerraRendible están a promover dúas charlas informativas sobre a xestión integral de terras e montes. As reunións celebraranse nas seguintes datas e lugares:

-Martes 21 de outubro (ás 19:15 h): Local Social Municipal de A Gándara.

-Luns 27 de outubro (ás 19:15 h): Local Social Municipal de O Couto.

Para máis información, pódese chamar ós teléfonos 687 709 226 ou 630 502 215, ou ben contactar por correo electrónico co enderezo terrarendible@gmail.com

A Asociación TerraRendible está formada por cerca de 60 propietarios de terreos forestais situados en Narón e comarca. O Concello mantén con esta entidade un convenio de colaboración para a ordenación e planificación forestal, mediante xornadas de información e orientación en temas forestais e agrogandeiros.

A través deste acordo tamén estase a fomentar o aproveitamento sustentable de montes e terras baldías, e a xestión de masas común para usos forestais ou agrogandeiros. O Concello e a Asociación TerraRendible tamén cooperan na localización cartográfica de zonas e fincas susceptibles de utilizar de xeito sostible, mellorando para elo a información planimétrica existente.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal