Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
NARÓN DISPÓN DUN NOVO ESPAZO VERDE DE 1.500 M2 QUE CONECTA AS ZONAS DE O ALTO E CIUDAD EUROPA
NARÓN DISPÓN DUN NOVO ESPAZO VERDE DE 1.500 M2 QUE CONECTA AS ZONAS DE O ALTO E CIUDAD EUROPA
O parque está situado na rúa Italia, e dispón de xogos infantís e mesas de picnic.
Narón, 21 de Outubro de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, o Tenente de Alcalde, Guillermo Sánchez Fojo, o Concelleiro de Servizos, Pablo Mauriz, e o Concelleiro de Transporte Público, Mario Isasi, visitaron hoxe unha nova zona verde que se ten acondicionado no municipio. Fixéronno acompañados por representantes da AVV do Alto e da comunidade de propietarios de Ciudad Europa, xa que o parque está situado entre ambas zonas e as conecta entre sí.

Trátase espazo verde de 1.500 m2 de superficie, situado na rúa Italia e que é accesible tamén dende as rúas Portugal, Rafael Barez e Reis Magos. Este espazo está pensado tanto para os máis pequenos coma para a xente adulta xa que dispón de parque infantil e tamén dunha zona de merendeiro e recreo.

O Concello ten invertido en total 70.000 euros entre a creación do parque infantil (posto en servizo no ano 2013) e o acondicionamento da zona anexa. O primeiro conta con diversos xogos coma una rede con tobogán e casita, un balancín e columpios, todo sobre chan de caucho. Os xogos infantís cumpren a normativa europea de seguridade infantil (EN-UNE-1176-7).

Respecto á zona verde, dispón de diferente mobiliario urbano coma mesas de picnic, unha fonte de beber, tres bancos e papeleira. O paisaxe está conformado por máis de 600 plantas (entre árbores e arbustos) e tres árbores de gran porte que xa existían neste lugar: dous cereixos e un avellano.

O Alcalde de Narón destacou a importancia de “recuperar zonas deterioradas e degradadas e poñelas ó servizo dos veciños. Con esta actuación tamén cumprimos outro dos nosos obxectivos que é fomentar a conexión entre os barrios da cidade”, sinalou José Manuel Blanco.

Ademáis deste novo parque, a zona dispón doutros 1.500 m2 de zona verde situados na rúa Gales e na rúa Alvaro Cunqueiro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal