Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PLENO APROBA TRES PROTOCOLOS ASINADOS COA DEPUTACIÓN PARA COFINANCIAR AS OBRAS DA ESTRADA DE SEDES, A CONCHA ACÚSTICA DO PAZO E A REHABILITACIÓN DA CASA RECTORAL DE PEDROSO
O PLENO APROBA TRES PROTOCOLOS ASINADOS COA DEPUTACIÓN PARA COFINANCIAR AS OBRAS DA ESTRADA DE SEDES, A CONCHA ACÚSTICA DO PAZO E A REHABILITACIÓN DA CASA RECTORAL DE PEDROSO
En conxunto estas actuacións suman un importe cercano ós dous millóns de euros.
Narón, 30 de Outubro de 2014.- A Corporación Municipal de Narón celebrou hoxe o Pleno Ordinario correspondente ó mes de outubro, no que o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, presentou para a súa votación tres protocolos de intencións para a execución e financiación de diferentes obras en Narón, asinados o pasado 13 de outubro de 2014 co presidente da Deputación de A Coruña. Trátase das seguintes actuacións:

-Ampliación e mellora do trazado na DP 5404 (do PK 3,500 ó 6,500 de Xubia á praia da Frouxeira) e adaptación deste proxecto para a inclusión da rede de saneamento. Ambas actuacións teñen un orzamento total de 1.249.968,01€ que serán sufragados na súa totalidade pola Deputación de A Coruña.

-Obras do centro de dinamización sociocultural en Pedroso. Actuación presupostada en 360.948,69€, dos cales a Deputación Provincial comprométese a aportar ata un máximo de 288.758,95€ (o 80% da obra) con cargo ós remanentes de 2014 e o Concello achegará a cantidade restante con fondos dos Orzamentos do ano 2015.

-Obras da cámara de concertos no Pazo da Cultura de Narón –coñecida coma “concha acústica”-. Este equipamento está presupostado en 284.350€ dos cales a Deputación de A Coruña financiará un máximo de 227.480€ (o 80% da obra) con cargo ós remanentes de 2014 e o Concello aportará o resto con fondos dos Orzamentos do ano 2015.

Estes tres protocolos de intencións asinados entre José Manuel Blanco e Diego Calvo no mes de outubro, foron aprobados por unanimidade polo Pleno da Corporación Municipal de xeito unánime (cos votos a favor de TEGA, PP, PSOE, BNG e Grupo Mixto) e agora deberán transformarse en convenios e ser ratificados por ambas partes.

Entre os asuntos que configuraron a Orde do Día de hoxe, foi aceptada a renuncia da concelleira do PP Marcela Castro, por motivos personais, e igualmente a renuncia de Paula Gárate –seguinte persoa na candidatura do PP ás pasadas eleccións municipais-, por motivos profesionais. Asimesmo, solicitouse á Xunta Electoral Central a expedición da credencial do seguinte membro da candidatura, Juan Iglesias Iglesias, que ocupou o posto nº10 na candidatura das eleccións municipais do ano 2011.

Hoxe tamén foron aprobadas as Ordenanzas Fiscais para o ano 2015, que non se incrementarán no vindeiro ano ó aplicárselles o IPC interanual (fixado nun -0,3%). Polo tanto non haberá unha suba nin de impostos nin de taxas públicas no 2015. Ademáis, mantéñense as bonificacións para as rendas máis desfavorecidas, que poden chegar ata o 100% da taxa. O acordo foi aprobado por maioría (TEGA, PSOE, BNG e Grupo Mixto) agás o voto en contra do PP.

Outro punto acordado por maioría foi a Modificación de créditos nº13, por importe total de 47.665,91€. Votaron a favor tódolos partidos, agás o voto en contra do PP.

Asimesmo, foi aprobado –co voto en contra do PP- o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (POS 2015), por importe total de 623.165,44€. As obras contempladas neste plan son as seguintes:

-Pavimentación dos camiños de Santá e Agrande.
-Pavimentación de camiños en Eiravedra, Aldea Noval, Salgueiral e Lodairo.
-Reparación de accesos a Vacariza, Cerdeiras, Catasol e Área Recreativa.
-Pavimentación dos camiños de Bardas, Lobeiro, Xesteira e Outeiro.
-Reparación dos camiños de Pumariño, Vilar-Sequeiro, Vicas e Paxarón.

Hoxe tamén se aprobou por unanimidade o convenio de colaboración coa Asociación Parkinson Ferrol-Ferrolterra en materia de acción social. En virtude deste convenio, estase a levar a cabo na actualidade un programa de prestación dos seguintes servizos: fisioterapia, logopedia, rehabilitación cognitiva, interevención psicolóxica, así como grupos de axuda mutua, investigación, información e divulgación. O Concello achegará 2.000€.

O Pleno tamén acordou denunciar o Convenio de colaboración entre o Concello de Ferrol e o Concello de Narón polo que o primeiro presta o servizo de prevención e extinción de incendios no segundo como servizo comarcal, a partir do 5 de febreiro de 2015. Os motivos principais desta medida son a falla de vontade do Concello de Ferrol por comarcalizar o parque de bombeiros (proceso recollido na cláusula IX do convenio e compromiso persoal do seu Alcalde) e os reiterados incumprimentos das condicións, medios e outros aspectos básicos na prestación do servizo, advertidos, denunciados e cuantificados por Narón a Ferrol en sucesivas ocasións. O PP abstívose .

Asimesmo, aprobouse o compromiso de dotar nos orzamentos do 2015 do importe necesario para a contratación de persoal, e iniciar o expediente de selección e contratación do mesmo. Este acordo foi aprobado cos votos de tódolos partidos agás a abstención do PP.

No capítulo de mocións, aprobouse unha do Grupo de Goberno do Concello de Narón para o 25 de novembro, contra a Violencia de Xénero. O PP votou en contra e o resto de partidos a favor. Propón á Xunta e ó Estado o desenvolvemento da Lei orgánica contra a Violencia de Xénero de 2004 e a Lei galega 11/2007, do 27 de xullo, para a prevención da violencia de xénero. Tamén esixe ó Estado que retire a LOMCE e recupere a materia de Educación para a Cidadanía, e que non subvencione ós centros que segregan por sexos. Insta á Xunta a elaborar un Plan de formación para o persoal que traballa con vítimas de violencia de xénero, e a sinatura dun pacto político e social para abordar esta problemática. Finalmente, esixiranse responsabilidades políticas ós cargos institucionais que fixeran declaracións machistas .

Tamén foi aprobada por unanimidade unha moción do BNG para apoiar a comercialización de proximidade. Solicita á Xunta de Galicia actuacións específicas para dinamizar a venda de proximidade, garantir as mellores condicións de traballo para os produtores e conseguir unha produción respectuosa co ambiente e a saúde, e impulsar unha marca de calidade que ampare e identifique os produtos da horta galega.

Seguidamente rexeitouse (cos votos en contra de tódolos partidos agás o voto favorable do PP) unha moción do PP para a promoción da práctica deportiva entre os nenos de Narón. O texto foi desestimado ó prantexar ideas e propostas que xa se están a realizar no municipio dende fai moitos anos.

O PSOE presentou unha moción contra a pobreza enerxética e para a protección dos consumidores vulnerables, que foi aprobada con tódolos votos a favor agás o voto en contra do PP. Acórdase instar ó Goberno Central a presentar de forma inmediata no Congreso para a súa aprobación unha Lei de Protección dos Consumidores Vulnerables e contra a Pobreza Enerxética.

Os socialistas tamén presentaron outra moción instando ó Goberno a reforzar a Financiación pública destinada a garantir o desenvolvemento e ampliación do Programa Europeo de Axuda Alimentaria ás persoas necesitadas.Reclama un reforzo da financiación pública para garantir ás persoas máis necesitadas alimentos básicos de calidade, a través dos Orzamentos Xerais do Estado. Garantir que o Plan de axuda alimentaria para 2014 proporcione ós seus beneficiarios os produtos básicos suficientes para cubrir as súas necesidades, así como unha calidade e variedade de produtos igual ou superior á que ofreceu o Plan de 2013, xa que actualmente tense reducido de 14 a 9 produtos básicos. Foi aprobada con tódolos votos a favor agás o voto en contra do PP.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal