Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE DE NARÓN E A DELEGADA TERRITORIAL DA XUNTA VISITAN AS OBRAS DE RENOVACIÓN DO ASFALTO DO POLÍGONO DE RÍO DO POZO
Forman parte dun plan de mellora dos parques empresariais, dentro do cal se inclúe tamén a renovación do alumeado do polígono de A Gándara.
Narón, 29 de Outubro de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a delegada territorial da Xunta de Galicia, Belén do Campo, visitaron hoxe o polígono industrial de Río do Pozo, onde se están a realizar obras de mellora do pavimento, cofinanciadas con fondos Feder (xestionados pola Xunta de Galicia a través do programa de Axudas á adecuación de Infraestruturas ós parques empresariais). En concreto, Narón solicitou dúas axudas –ambas concedidas- a este programa de mellora de infraestruturas de parques empresariais, convocado pola Consellería de Industria: -Reposición da capa de rodadura dos viais do polígono de Río do Pozo. Obra adxudicada por 113.924 €, cofinanciada con Fodos Feder da Unión Europea nun 80%. O Concello de Narón aporta o 20% restante. A intervención total realízase sobre 6.500 m2 de rodadura, principalmente nos sectores I e II do parque (por ser os máis antigos e os que presentan polo tanto, máis deterioro). -Renovación da iluminación pública do Polígono industrial de A Gándara. Obra presupostada en 51.318€, e consistente na substitución do alumeado público actual por outro de maior eficiencia enerxética (luces LED), que contribuirá a reducir a factura eléctrica e a mellorar as condicións de iluminación da zona. A financiación destos traballos é idéntica que a anterior: 80% fondos Feder e 20% Concello de Narón. En ambos casos, agárdase que as obras estean finalizadas a mediados do mes de novembro de 2014.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal