Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO REALIZA DOUS VÍDEOS PROMOCIONAIS DA BIBLIOTECA MUNICIPAL PARA DAR A COÑECER AS SÚAS INSTALACIÓNS
O CONCELLO REALIZA DOUS VÍDEOS PROMOCIONAIS DA BIBLIOTECA MUNICIPAL PARA DAR A COÑECER AS SÚAS INSTALACIÓNS
Están protagonizados polos propios usuarios, adultos e infantís, deste espazo.
Narón, 24 de Outubro de 2014.- Con motivo da celebración hoxe do Día da Biblioteca, a Concelleira de Ensino e Bibliotecas de Narón, Mª del Carmen Espada, presentou dous vídeos realizados no marco do Obradoiro de Audiovisuais (que tivo lugar na Biblioteca do Alto os días 11 e 18 de outubro).

Os vídeos están protagonizados por nenos/as e adultos, usuarios da Biblioteca Municipal do Alto, e teñen como obxectivo dar a coñecer este espazo e invitar a toda a cidadanía a disfrutar dos servizos que esta ofrece. Pódense ver dende hoxe nos blogs da Biblioteca Municipal de Narón (http://biblioteca.naron.es)

O primeiro vídeo está protagonizado por 21 nenos/as con idades comprendidas entre os 5 e os 10 anos. A película os presenta bailando ó son da canción “Toc-toc” de Pablo Díaz, mentres percorren todas as plantas, ensinando as diferentes dependencias deste lugar.

O segundo dos vídeos conta coa participación de 9 persoas adultas. Para realizalo empregouse a técnica de animación ‘stop-motion’ que emprega imaxes fixas sucesivas para dar sensación de movemento. Nesta película aplícase a técnica a obxectos e tamén ás persoas, que actúan como actores e actrices na historia.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal