Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O BOTÁNICO CARLOS RODRÍGUEZ DACAL DOA UNHA SERIE DE EXEMPLARES PARA AMPLIAR A BIBLIOTECA MUNICIPAL DO ALTO
Narón conta cun parque público, no barrio de O Alto, adicado a este investigador especializado en flores e prantas.
Narón, 3 de Novembro de 2014.- O Botánico Carlos Rodríguez Dacal ven de entregar ó Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, unha colección de publicacións correspondentes a diferentes proxectos e actividades desenvolvidas ó longo da súa traxectoria profesional. Trátase dun mostrario composto por 9 libros, colaboracións en libros, folletos e separatas de revistas científicas. A temática editorial de todos eles aborda dous campos botánicos fundamentais, ligados á natureza verde de Galicia: -Xardinería, privada e pública, con mención especial para pazos emblemáticos do país: Mariñán (Bergondo), San Lourenzo de Trasouto (Santiago de Compostela), Santa Cruz de Ribadulla (Vedra), Oca (A Estrada), Faramello (Rois), Rubiáns (Vilagarcía de Arousa), Lourizán (Pontevedra), Soutomaior (Soutomaior), Castrelos (Vigo) e Gondomar (Gondomar). Tamén se destacan establecementos municipais señeros, coma o Parque-Xardín e e Carballeira de Caldas de Reis, e o Xardín Botánico-Artístico de Padrón. -Flora Ornamental, referida a xardíns pacegos (coruñeses e pontevedreses), ó catálogo de árbores senlleiros de Galicia (exemplares e conxuntos), á flora da Comarca ‘Terra de Melide’ e ó Irmanciño de Otero Pedrayo, ‘Pinsapo Memorable de Galicia’. Esta produción bibliográfica doada polo Botánico Carlos Rodríguez Dacal amplía e completa o lote de libros entregado ó Concello polo profesor no acto inaugural da Praza Botánico Rodríguez Dacal (acondicionada no ano 2011 no barrio de O Alto), como recoñecemento á Corporación Municipal e por extensión ó pobo de Narón por esta distinción. “Dende entón, síntome unido a este pobo e ás súas xentes por entrañables e verdadeiros lazos de amistade e fraternidade” indicou Rodríguez Dacal. No acto de entrega dos libros tamén estivo presente Tomás Casal, presidente da Asociación Galega da Camelia. O Alcalde, José Manuel Blanco, agradeceu a Rodríguez Dacal a súa aportación ó patrimonio de Narón, e anunciou que estanse a manter conversas co Botánico para plasmar nun libro a historia do Magnolio centenario de Xuvia.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal