Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
PRESENTACIÓN DO SALÓN DE BODAS 'NOROESTE MOSTRA NUPCIAL'
PRESENTACIÓN DO SALÓN DE BODAS 'NOROESTE MOSTRA NUPCIAL'
Se celebrará no Pazo da Cultura, os días 6 e 7 de decembro, con entrada gratuita. Participarán máis de 50 expositores e haberá desfiles nupciais.
Narón, 7 de Novembro de 2014.- O Pazo da Cultura de Narón acollerá os días 6 e 7 de decembro o salón de bodas “Noroeste Mostra Nupcial”, que foi presentado hoxe en rolda de prensa pola responsable do evento, Elena Baamonde, que estivo acompañada polo Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo.

Trátase dun evento que nace co obxectivo “de que todas aquelas parellas que están a organizar a súa voda, ou teñan algún tipo de relación con algunha voda nos anos 2015 ou 2016, atopen todo o que necesiten no mesmo lugar”, tal e como sinalou a organizadora.

A feira contará coa participación de 51 expositores (dos que 18 son de Narón) dos seguintes sectores:

-Moda nupcial de noiva e noivo.
-Moda para madriñas, padriños e festa.
-Comunión.
-Restaurantes.
-Organización de vodas. Detalles.
-Perruquería.
-Estética.
-DJ’s, violíns e música.
-Fotografía.
-Vídeo.
-Animación infantil.
-Decoración con globos para eventos.
-Escolas de danza. Valse para noivos.
-Tocados.
-Licores.

Ademáis, haberá desfiles tanto o sábado coma o domingo, no seguinte horario:
17:30 horas: Comunión, madriña, padriño e festa.
20:00 horas: Noiva, noivo, lencería e tocados.

O sábado 6 haberá asimesmo un desfile especial de Peluquería a cargo do estilista e perruqueiro Antonio Calvo. O horario do salón ‘Noroeste Mostra Nupcial’ será de 11 a 21 horas, de xeito ininterrumpido. A entrada á zona de exposición (que estará no vestíbulo) é libre, e para os desfiles do auditorio será necesario retirar a invitación –gratuita- nas billeteiras do Pazo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal