Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
APROBADA A NOVA ORGANIZACIÓN MUNICIPAL
APROBADA A NOVA ORGANIZACIÓN MUNICIPAL
A Alcaldía do Concello de Narón dictou no día de hoxe, oito de outubro de 2007 o decreto de nomeamento dos tenentes de Alcalde, membros da Xunta de Goberno Local, delegacións neste órgano e delegacións en distintos concelleiros/as, unha vez tivo lugar o acceso ás tarefas de goberno de novos membros da corporación.
O decreto da nova organización municipal é o seguinte:

I.- Nomeamento de Tenentes de Alcalde.-
1º. Dª. Mª Ángeles Díaz Pardo
2º. D. José Manuel Manuel Blanco Suárez
3º. D. Guillermo Sánchez Fojo
4º. Dª. Manuela Pérez Sequeiros
5º. D. Julio Bellas Seselle
6º. D. Serafín González Pena
7º. D. Manuel Antonio Ramos Rodríguez

II.- Nomeamento de Delegados da Alcaldía.-
PRIMEIRO.- Dª. Mª ÁNGELES DÍAZ PARDO
PROMOCIÓN E XESTIÓN DE POLÍGONOS INDUSTRIAIS - Infraestruturas dos Polígonos
- Promoción de empresas de nova implantación
- Constitución de áreas de mantemento

PROMOCIÓN ECONÓMICA
- Relación con iniciativas en diversas áreas: comercial, servizos, etc. que sirvan como potenciación económica do Concello
- Representación con institucións supramunicipais que teñan relación coa promoción e o desenvolvemento económico e industrial do Concello
- Implantación de novas tecnoloxías que colaboren cos obxectivos de competitividade e modernización das empresas e da sociedade en xeral

SEGUNDO.- D. JOSÉ M. BLANCO SUÁREZ
URBANISMO
- - Planeamento e xestión urbanística
- - Ordenanzas urbanísticas e estudos de detalle
- - Plans especiais de ordenación
- - Coordinación das obras de urbanización que teñan por obxectivo o desenvolvemento das previsións feitas no PXOU
- - Licenzas de Obras e Apertura
- - Disciplina Urbanística

XESTIÓN PRESUPOSTARIA - Confección e seguimento do Orzamento
- Expedientes de modificación e habilitación de créditos
- Ingresos de Dereito Público e Privado
- Recursos económicos Internos
Externos
- Propostas de criterios para outorgar subvencións nominativas a distintas entidades

TERCEIRO.- Dª. MANUELA PÉREZ SEQUEIROS
CULTURA - Coordinación do Padroado de Cultura
- Patrimonio Historia e dinamización
Etnográfico
- Animación socio-cultural
- Talleres culturais
- Comunicación: publicacións
- Actividades culturais non programadas polo Padroado de Cultura
- Conservación do uso de actividades na Casa da Cultura.
- Propostas de criterios para outorgar subvencións ás distintas entidades.
- Normalización lingüística
- Coordinación do Servizo Sociocomunitario

ENSINO - Oferta educativa - Ensino regulado
- Escolarizacion e mapa escolar
- Relacións coa Consellaría de Educación
- Certame Intercentros
- Relacións coas ANPAS
- Propostas de criterios para outorgar subvencións ás distintas entidades relacionados co ensino

BIBLIOTECAS - Biblioteca Central
- Coordinación de actividades das bibliotecas municipais
- Promoción da lectura
- Museos

CUARTO.- D. GUILLERMO SÁNCHEZ FOJO
DEPORTES
- Deporte Federado - Federacións e relacións Clubes
- Escolas Deportivas
- Mantemento instalacións
- Animación Sociodeportiva - Tempo libre, senderismo
- Deportes non federados
- Licenzas e permisos de uso das instalacións deportivas
- Información dos plans de nova construción de instalacións deportivas públicas e veciñais
- Propostas de criterios para outorgar subvencións ás distintas entidades

PERSOAL E RECURSOS HUMANOS Relación e coordinación do persoal
Organización e réxime interno.
Criterios de selección e formación
Réxime Disciplinario
Prevención de riscos laborais
Saúde laboral

SEGURIDADE CIDADÁ Coordinación da actuación da policía local
Sinalización vial de tráfico.
Seguridade Cidadá
Tramitación e resolución expedientes sancionadores en materia de tráfico

QUINTO.- a) Dª. MARÍA DEL CARMEN ESPADA CORTIZAS
PERSOAS MAIORES - Programas de saúde física: obradoiros de ximnasia rehabilitadora, obradoiros de ioga, obradoiros de hidroterapia
- Programa de saúde intelectual e psíquica: obradoiro de memoria, obradoiro de músicoterapia-coral, obradoiro de teatro, obradoiro de informática
- Programas de base ocupacional: obradoiro de xardinaría, obradoiro de pintura, obradoiro de restauración, obradoiro de arte floral, obradoiro de cerámica
- Programa de lecer: Turismo e viaxes, sendeirismo, baile universal, intercambios e festas
- Centros de Atención ás Persoas Maiores

IGUALDADE - Programas de igualdade e corresponsabilidade entre mulleres e homes
- Propostas de criterios para outorgar subvencións ás distintas entidades

SEXTO.- a) D. JOSÉ MIGUEL HERMIDA DOPICO
SERVIZOS SOCIAIS XERAIS
• Programas de información, orientación e asesoramento
• Programas xerais de inclusión e inserción social
• Programas de atención e prestacións económicas a familias

SERVIZOS DE INTEGRACIÓN SOCIAL
- Programa de atención a diversidades funcionais
- Programas de autonomía persoal e atención á dependencia (maiores e diversidade funcional)
• Programa de axuda no fogar (SAF)
• Programa de comida a domicilio
• Programa de Centros de Día
• Programa de prazas residenciais de maiores
• Programa de prazas residenciais discapacidades
• Programa de información e tramitación de recursos
• Programa de asesoramento personalizado: asesor personalizado de dependencia
• Programa de axudas técnicas
• Programa de xestión e tramitación de outras axudas económicas
- Programas de Transporte Accesible Adaptado
INFANCIA - Programas de Atención á Infancia
• Educación Infantil e Escolas Infantís Municipais
• Educación familiar con menores
• Programas de fomento da natalidade e atención á infancia
• Programa de ludotecas
• Programa de recursos de atención á infancia
D) Criterios para outorgar subvencións a diversas entidades

SÉTIMO.- a) D. ÁNGEL PERFECTO CASTRO RICO
VÍAS PÚBLICAS RURAIS - Execución e mantemento das vías públicas: zona urbana e zona rural
- Fomento e desenvolvemento rural
- Desenvolvemento e execución de plans provinciais e doutras administracións
- Relacións coas distintas administracións en materia de infraestructuras rurais
- Convenios veciñais na zona rural
PATRIMONIO E BENS INMOBLES Xestión de Patrimonio Inventario
Adquisición
Alleamento
Programas actuación
Inventario de vías e parcelas municipais

OITAVO.- a) D. JOSÉ CARLOS DÍAZ RAMIL
DELEGACIÓN DE OBRAS PÚBLICAS
A) Contratación, seguimento e coordinación das infraestruturas xerais, dotacións e urbanizacións promovidas polo Concello
B) Relación cos diversos organismos supramunicipais en actuacións de obras e calquera tipo de infraestruturas que se realicen no noso Concello (Deputación Provincial, Xunta de Galicia, Ministerio de Fomento, FEVE, RENFE, etc.)
C) Coordinación de ambas actuacións e presentación de programas necesarios para o desenvolvemento urbano do Concello
D) Propostas de contratación e seguimento de obra nas súas competencias delegadas

NOVENO.- a) D. JULIO BELLAS SESELLE
SERVIZOS - Mantemento da rede de abastecemento de auga e rede de sumidoiros.
- Relacións coa empresa mixta de augas: COSMA, S.A.
- Limpeza viaria e mobiliario urbano
- Mantemento de edificios, escolas e vehículos municipais
- Subministros de diverso material de mantemento

DÉCIMO.- D. SERAFÍN GONZÁLEZ PENA
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
A) Mantemento do Alumeado Público
B) Mantemento de Xardíns
C) Sinalización viaria: Sinalización de rúas, lugares e toponímica, excepto as relacionadas co Código de Circulación
TRANSPORTE PÚBLICO
- Relación con empresas de transporte e coa Xunta de Galicia no Plan de Transporte Integrado da Ría de Ferrol
- Regulamento de licenzas de autotaxi dentro do término municipal
- Ordenanzas Xerais de Transporte

UNDÉCIMO.- a) D. MANUEL ANTONIO RAMOS RODRÍGUEZ
SANIDADE - Sanidade e Consumo.
- Representación da Alcaldía nos distintos organismos públicos con competencias nas áreas de saúde e sanidade.
- Cemiterio e policía sanitaria mortuoria
MEDIO AMBIENTE - Promoción de áreas de recreo, espazos lúdicos e paseos marítimos
- Recuperación da flora e da fauna
- Propostas de criterios para outorgar subvencións ás distintas entidades
- Representación do Concello e seguimento dos programas da Unión Europea e doutras administracións en materia de Medio Ambiente.
PROTECCIÓN CIVIL - Coordinación dos plans de Protección Civil
- Axeitamento da Lei de Protección Civil aos Regulamentos e Ordenanzas sobre seguridade en empresas, actividades, edificacións e outros
- Responsable da creación e actividades dos grupos de pronto auxilio

DUODÉCIMO.- a) Dª. MARÍA DEL MAR GÓMEZ CASAL
TURISMO - Estudo Inventario de instalacións de interese turístico
- Confección de guías e documentación turística
- Propostas de criterios para outorgar subvencións ás distintas entidades
- Coordinación con outras administracións públicas en materia de promoción turística
FESTAS E OCIO - Coordinación e organización de actividades de ocio e eventos lúdicos
- Festas
- Propostas de criterios para outorgar subvencións ás distintas entidades
FEIRAS E MERCADOS - Promoción de feiras e mercados

DÉCIMOTERCEIRO.- a) Dª. NATALIA HERMIDA RICO
MOCIDADE - Promoción xuvenil Oficina de Informacion e Orientación
Consello Local da Mocidade
- Coordinación con outros servizos Ensino
Formación e Emprego
- Actividades xuvenís
- Coordinación coas demais administracións
- Propostas de criterios para outorgar subvencións a entidades
PARTICIPACIÓN CIDADÁ Relacións coas entidades veciñais
Desenvolvemento do Regulamento de Participación Cidadá e Coordinación dos Consellos Sectoriais
Propostas de criterios para outorgar subvencións ás distintas entidades

DÉCIMO CUARTO.- a) Dª. PALOMA GONZÁLEZ CUEVAS
FORMACIÓN LABORAL • Programa de Formación FIP
• Programa de Formación Servizo Galego de Igualdade
• Programa de Formación Fondo Social Europeo (Escolas Obradoiro, Obradoiros de Emprego, e outros.
• Programa de Formación de Garantía Social e PIP (Promoción de Iniciación Profesional)
• Programa de Formación Municipal
• Programa de Iniciación Profesional Municipais
• Programas Formativos de base Ocupacional
• Programas Conveniados de Formación con empresas
• Programa de Prácticas Pre-profesionales.
• Programa de Mantemento do Centro Municipal de Formación e Homologacións
EMPREGO - Programas de Información e Orientación Laboral: Servizos de atención a usuarios
• Programa de Inserción Laboral:Servizos a usuarios/as e servizos a empresas.
• Centro Asociado do Servizo Galego de Colocación:
o Tramitación de demandas de desempregados/as
o Servizo de ofertas empresarios/as
- Programa da Axencia Local de Emprego:
• Bolsas de emprego ofertadas por empresas e externas
• Bolsas de emprego ofertadas por empresas subministradoras de servizos a Administracións públicas
- Programa de Convenios con Empresas e Asociacións Empresariais para a colaboración na Promoción económica
- Programa de emprendedores/as: Creación de oportunidades de emprego zona rural e urbana. (Novas micro-empresas)
- Programa de Visitadores de Emprego
NOVAS TECNOLOXÍAS - Delegación específica de informática e novas tecnoloxías (voz e datos) de carácter interno no Concello
D) Protocolo: Organización de eventos protocolarios municipais

III.- Nomeamento de membros da Xunta de Goberno Local.-
D. Mª Ángeles Díaz Pardo
D. José Manuel Manuel Blanco Suárez
D. Guillermo Sánchez Fojo
Dª. Manuela Pérez Sequeiros
D. Julio Bellas Seselle
D. Serafín González Pena
D. Manuel Antonio Ramos Rodríguez

Delegaciones na Xunta de Goberno Local:
• Aprobar a oferta de emprego público de acordo cos presupostos e a plantilla aprobada polo pleno, aprobar as bases das probas para a selección de persoal e para os concursos de provisión de postos de traballo, así como distribuír as retribucións complementarias que non sexan fixas e periódicas.
• As contratacións e concesións de toda clase cando o seu importe non supere o 10% dos recursos ordinarios do presuposto, nin en calquera caso os 6.010.121.043,83 euros, incluídos os de carácter plurianual sempre que que o seu importe acumulado de todas as súas anualidades non supere nin a porcentaxe indicada, referido aos recursos ordinarios do presuposto no primeiro exercicio, nin a contía sinalada.
• A aprobación dos proxectos de obras e de servicios cando sexa competente para a súa contratación ou concesión e estean previstos no presuposto.
• A adquisición de bens e dereitos cando o seu valor non supere o 10% dos recursos ordinarios do presuposto, nin os 3.005.060,52 euros., así como o alleamento do patrimonio que non supere a porcentaxe nin a contía indicados nos seguintes supostos:
• Os de bens inmobles (dentro do presuposto).
• A de bens mobles, salvo os declarados de valor histórico ou artístico
• A aprobación dos instrumentos de planeamento de desenvolvemento do planeamento xeral, non expresamente atribuida ao pleno, a dos instrumentos de xestión urbanística e dos proxectos de urbanización, así como das licenzas de actividades clasificadas e recreativas e de primeira utilización.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal