Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O DOMINGO 23 DE NOVEMBRO CELÉBRASE O DÍA DE NARÓN NA PRAZA DE GALICIA
O DOMINGO 23 DE NOVEMBRO CELÉBRASE O DÍA DE NARÓN NA PRAZA DE GALICIA
Haberá actuacións musicais, degustacións de productos, actividades para nen@s e exposicións de traballos das asociacións.
Narón, 19 de Novembro de 2014.- O Concello de Narón ten ultimado o programa de actos para celebrar o Día de Narón, o vindeiro domingo 23 de Novembro. Tódalas actividades desenvolveranse baixo unha carpa instalada na Praza de Galicia, e serán de carácter gratuito.

A partires das 11:00 horas abrirase a carpa na que se poderá visitar a exposición das actividades e traballos realizados nas distintas asociacións durante este ano.

Ás 12:00 horas terá lugar a actuación dos grupos de baile e de gaitas do Padroado de Cultura de Narón. A continuación, ás 13:00 horas comezará a sesión vermú que estará amenizada polo grupo Pasión.

Pola tarde, dende as 17:30 horas continuarase a festa co mesmo conxunto musical. Ademáis, durante toda a xornada haberá degustacións de productos típicos (tanto pola mañá coma á tarde).

Para os máis pequenos da casa, durante todo o día poderán divertirse cos Inchables e cos Obradoiros para nen@s (de maquillaxe, globoflexia, etc…) que se organizarán especialmente para eles.

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, convidou a toda a cidadanía a participar desta celebración, que este ano cumpre o seu 21º aniversario posto que foi no ano 1993 cando se acordou establecer unha festividade propia para o municipio. Este ano o 23 de Novembro cobra unha importancia especial, posto que Narón ten acadado xa a cifra de 40.000 habitantes, consolidándose así como a oitava cidade galega.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal