Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO "V MERCADO DE 2ª MAN" ÁBRESE O VENRES 21 DE NOVEMBRO
Este evento se celebrará o domingo 21 de decembro na Feira do Trece (Sedes) con entrada de balde.
Narón, 19 de Novembro de 2014.- A Concellería de Feiras e Mercados de Narón, dirixida pola edil Mª del Mar Gómez, abrirá o venres 21 de novembro o prazo de inscrición para participar no 5º Mercado de Segunda Man que se celebrará no Recinto Feiral do Trece o día 21 de decembro, en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Os interesados en participar deberán cubrir a solicitude e presentala no Rexistro Xeral do Concello, en horario de mañá. Ofreceranse 120 postos (entre as dúas naves da Feira) que se asignarán por rigorosa orde de inscrición. Os participantes deberán ser maiores de idade, e non poderán ser comerciantes nin vendedores ambulantes. A inscrición é de balde, e esixirase compromiso de asistencia e a aportación solidaria de 1 quilo de alimentos ou produtos de hixiene para o Centro de Recursos Solidarios de Narón. Ó igual que en edicións anteriores, non se admitirá a venta de animais, produtos alimenticios ou bebidas. A organización proporcionará unha mesa e unha cadeira a cada participante inscrito.
Descarga de archivos
Solicitude inscrición V Mercado de 2ª Man
Tamaño:58,75 KB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal