Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO COMENZA A COLOCAR A NOVA ROTULACIÓN DOS CAMIÑOS E NUMERACIÓN DE VIVENDAS EN SAN MATEO
Este proxecto estatístico continuará no ano 2015 nas parroquias de O Val e Castro.
Narón, 20 de Novembro de 2014.- O Concello de Narón está a efectuar unha nova rotulación dos camiños rurais, así como unha nova numeración das vivendas, de acordo coa “Ordenanza de rotulación de vías urbanas, diseminados e numeración de edificios de Narón” (publicada no BOP nº 109, do 11 de xuño de 2012). Os traballos comezaron no día de hoxe na parroquia de San Mateo, ata onde se desprazaron o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco e o Concelleiro de Estatística, Mario Isasi, acompañados de funcionarios deste departamento e de responsables da empresa encargada de desenvolver o proxecto. Nunha primeira fase se entregarán os novos números das vivendas, e se colocarán os postes de sinalización dos camiños nas parroquias rurais (cuxos nomes foron propostos pola Asociación de Veciños). En San Mateo está previsto finalizar antes do 31 de decembro de 2014, para pasar a continuación ás parroquias de O Val e Castro, xa no ano 2015. Campaña de empadroamento Tras a aprobación desta Ordenanza en outubro de 2012, o Concello comezou a numerar tódalas parcelas do rural (estivesen edificadas ou non) e detectouse a existencia de 1.405 vivendas sen datos no Padrón Municipal. Por este motivo, proximamente se iniciará tamén unha campaña de concienciación para que os veciños residentes en Narón e non empadroados poidan realizalo. Desta maneira tamén poderán exercer, entre outros, os seguintes dereitos: -Exercicio do dereito a voto. -Servizo de información, orientación e prospección de emprego. -Cursos AFD e Obradoiros. -Acción formativa ‘Competencias clave’. -Programa de envellecemento activo. -Axudas: bono bus universitario e bono bus social, libros e material escolar, alimentación infantil do primeiro ano, axudas de emerxencia, bonificación da taxa da auga. -Acceso ás Escolas Infantís Municipais, centros de Educación Primaria e Secundaria e Institutos. -Programa municipal educativo extraescolar. -Servizo de axuda no fogar e tramitación da dependencia. -Atención psicolóxica ás vítimas de violencia de xénero. -Exención do imposto de circulación para persoas con minusvalía. -Servizo de Normalización Lingüística. -Punto Limpo. -Educación Viaria. -Escolas Deportivas e Culturais. -Piscina Terapéutica. Nos últimos anos, o municipio experimentou un importante crecemento de poboación, rebasando xa os 40.000 habitantes, pero a poboación real do municipio estímase entorno ós 44.295 residentes. Esta diferenza de cifras afecta de maneira importante á oferta dos servizos municipais, posto que ó non ter o número real de veciños empadroados, recíbense menos recursos económicos doutras administracións.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal