Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O ORZAMENTO MUNICIPAL DE NARÓN PARA O ANO 2015 PRIORIZARÁ O GASTO NAS PERSOAS
O ORZAMENTO MUNICIPAL DE NARÓN PARA O ANO 2015 PRIORIZARÁ O GASTO NAS PERSOAS
O documento contable parte da cifra de 28 millóns de euros, e se debatirá no Pleno Ordinario previsto para o xoves 27 de novembro.
Narón, 24 de Novembro de 2014.- O Orzamento Municipal de Narón para o ano 2015 foi presentado hoxe en rolda de prensa polo Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o Concelleiro de Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar, que estiveron acompañados polos voceiros dos grupos do goberno municipal (Guillermo Sánchez Fojo –TEGA-, Catalina García –PSOE- e María Rodríguez Porto –Converxencia Galega-).

Trátase dun orzamento “que mantén a idea de que as persoas son o primordial nestes tempos de crise”, comentou o Alcalde, quen avanzou a cifra de saída deste documento contable para o vindeiro ano. “Partimos de 28.058.922,45€ pero chegaremos perfectamente ós 30 millóns de euros” sinalou José Manuel Blanco.

Estes orzamentos nacen ademais coa idea “de que o futuro goberno que saia elixido nas eleccións municipais do 2015 teña crédito suficiente para organizar o que faga falta” engadiu o rexedor naronés, ó tempo que aclarou que non se teñen incluído as aportacións doutras administracións pero que sí se incorporarán cando se formalicen.

É o caso, por exemplo, do protocolo asinado coa Deputación para a rehabilitación da Casa Rectoral de Pedroso e a instalación da Concha Acústica no Pazo da Cultura. “Ambas inversións están incluídas no protocolo firmado coa Deputación e incorporaremos eses cartos ó Orzamento Municipal cando se asine o convenio, en 2015” sinalou Blanco.

O que sí se ten incorporado son as aportacións que realizará o Concello de Narón para ambas actuacións (que suman en conxunto 135.000€, o que supón o 20% do total) e tamén a inversión municipal no futuro Centro de Saúde (169.000€ para o acondicionamento da parcela e a obra do edificio).

O Concelleiro de Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar, explicou que os Orzamentos do ano 2015 “son o froito dunha política de sostenibilidade e inversión nas persoas, promovida por este grupo de goberno”. O edil explicou a distribución dos ingresos e dos gastos por área, que será a seguinte:


INGRESOS
Impostos indirectos 12.107.478,17€
Impostos indirectos 260.000,00€
Taxas e outros ingresos 5.083.902,73€
Transferencias correntes 10.024.032,28€
Ingresos Patrimoniais 49.171,20€
Transferencias de capital 464.338,07€
Activos financeiros 70.000,00€
Orzamento total 28.058.922,45€


GASTOS
Gastos de persoal 8.143.397,03€
Gastos en bens correntes e servizos 14.160.625,40€
Gastos financeiros 297.462,45€
Transferencias correntes 268.675,09€
Investimentos reais 1.143.062,44€
Transferencias de capital 100.000,00€
Activos financeiros 70.000,00€
Pasivos financeiros 1.459.700,04€
Orzamento total 28.058.922,45€


Tanto o Alcalde coma os voceiros dos grupos políticos que conforman o goberno - ademais do propio Concelleiro de Xestión Orzamentaria e portavoz do BNG- destacaron o consenso reinante no goberno municipal de Narón, que se reflexa entre outros aspectos na elaboración destes Orzamentos. “Estamos a demostrar que por encima dos intereses partidistas que teñen outros, a nos como goberno o único que nos interesa é ofrecer a maior calidade de vida posible ós nosos veciños e veciñas”, declarou o Alcalde.

A voceira do PSOE, Catalina García, engadiu que o orzamento “recolle un aumento de máis de 40.000 euros de saída para atender ás persoas que peor o están a pasar. Narón ten un compromiso real cos seus cidadáns, e o estamos a demostrar con feitos coma este” indicou.

En representación de Converxencia Galega, María Rodríguez Porto indicou que “dado que a nosa prioridade son as necesidades dos nosos veciños, temos elaborado un orzamento realista, tendo en conta a situación actual e considerando que descoñecemos os ingresos que teremos doutras administracións”.

Finalmente, para rematar o voceiro de TEGA e Tenente de Alcalde de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, declarou que “nestes catro anos de Corporación se sacaron adiante os orzamentos do xeito máis digno posible, a pesares das dificultades da situación do país. Incluso imos a continuar crecendo, posto que en 2015 teremos máis persoal” sinalou en relación á incorporación de tres novos axentes da Policía Local de Narón e ó equipo de Emerxencias.

Os Orzamentos Municipais de Narón para o ano 2015 someteranse a votación na Sesión Plenaria Ordinaria prevista para o vindeiro xoves 27 de novembro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal