Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
MÁIS DE 500 ESCOLARES DE NARÓN PARTICIPAN NA MARCHA CICLISTA POLA IGUALDADE
MÁIS DE 500 ESCOLARES DE NARÓN PARTICIPAN NA MARCHA CICLISTA POLA IGUALDADE
Déronse cita na Praza da Gándara, onde se deu lectura a un manifesto contra a violencia de xénero e se realizou unha ofrenda floral diante do Monumento á Muller.
Narón, 25 de Novembro de 2014.- Arredor de 500 escolares de 5º e 6º de Educación Primaria dos colexios de Narón participaron hoxe na Marcha Ciclista pola Igualdade, promovida polo Concello de Narón con motivo da celebración do 25 de Novembro, Día Internacional para a erradicación da Violencia de Xénero.

O alumnado partiu dos seus centros en dirección á Praza da Gándara, onde se desenvolveu un acto institucional no que participaron o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Igualdade, Teresa Sabio. A edil foi a encargada de dar lectura á Moción aprobada polo Pleno do Concello de Narón na que se condena a violencia machista e se reclama ás institucións autonómica e central que amplíen e melloren a atención ás vítimas de violencia de xénero, e a sinatura dun pacto político e social para abordar a violencia de xénero, coa participación de todos os axentes implicados neste problema de estado.

Tamén o Alcalde de Narón dirixiuse ós escolares para lembrarlles a importancia da educación en igualdade, e que homes e mulleres somos iguales e temos os mesmos dereitos. A continuación, os representantes municipais realizaron unha ofrenda floral diante do Monumento á Muller.

A Marcha Ciclista pola Igualdade contou coa colaboración do equipo de Seguridade Vial do Concello, Emerxencias Narón e Protección Civil, ademáis de voluntarios do Motoclub Fojeteiros, Club Ciclista Benigym, MTB Escornaboys, e as ANPAS do Colexio Ayala e Colexio Santiago Apostol



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal