Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ATLETA CLAUDIA ROJO GAÑA O PREMIO DE 'MELLOR DEPORTISTA DE NARÓN 2014'
Recibíu o galardón na XXVI Gala do Deporte de Narón, celebrada o 21 de novembro no Pazo da Cultura con enorme éxito de participación.
Narón, 26 de novembro de 2014.- O Pazo da Cultura de Narón acolleu o pasado venres 21 de novembro a 26ª edición da Gala do Deporte de Narón, na que se premiou como 'Mellor deportista de Narón 2014' á atleta Claudia Rojo Cazorla, do Club Atletismo Ría de Ferrol. O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, entregoulle o trofeo polos seus méritos deportivos, entre os cales destacan os seguintes: campiona galega xuvenil e absoluta de 100 metros vallas e 400 vallas, heptatlón e probas combinadas; record galego de 400 vallas e pentatlón; e subcampiona de España xuvenil de 400 metros vallas. No apartado de mecións especiais, foron entregadas as seguintes: -Mellor Clube: Club Narón Tenis de Mesa. -Polo traballo, dedicación deportiva e humana ó longo de moitos anos en Narón; Izaskun Hernáez López. -Mellores adestradores: Lino López Amado e Jabier Albes Testa. -Mención especial pola súa colaboración co Concello de Narón na celebración de eventos: Motoclub Fojeteiros. -Mención especial polo 2º título consecutivo na Copa Xunta: Club Baloncesto Narón. -Mención especial polo campeonato de liga na 2ª división B-Grupo I: Club Cidade de Narón. -Mención especial polo subcampionato de España de Clubs: Club Baile Deportivo de Narón. -Mención especial polo ascenso de 3ª a 2ª división: Heber Pena Picos (Unión Deportiva Somozas). -Mención especial pola promoción do fútbol feminino na nosa comarca: Equipo Feminino del Val. -Mención especial polo Campeonato de España de Inverno como de Verán e a súa participación no Mundial: Alberto Blázquez Arbonies (Club Arco Narón). -Mención especial polo título de MIster Universo Absoluto e Campeón do Mundo na súa especialidade de culturismo e fitness: Luis Pernas Novo. -Pola súa proxección deportiva: Juan Domínguez Lamas (Club Deportivo A Coruña). -Mellor traxectoria deportiva: Lidia Mesias Espiñeira (Viaxes Amarelle). -Mellor promesa: Sergio Trillo Valeiro (Federación Galega de Judo). Asimesmo, foron distinguidos os mellores deportistas de Narón na pasada temporada, nun total de 27 disciplinas deportivas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal