Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PROGRAMA DE ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DO ALTO
Haberá un Club de Lectura, Contacontos, Obradoiros, recollida de xoguetes e alimentos para o Centro de Recursos Solidarios, e préstamos sorpresa.
Narón, 4 de Decembro de 2014.- A Concelleira de Ensino e Bibliotecas de Narón, Mª del Carmen Espada, ofreceu hoxe unha rolda de prensa para presentar as actividades que se desenvolverán no mes de decembro na Biblioteca Municipal do Alto. A primeira iniciativa terá lugar do martes 9 ó xoves 11 de decembro, de 18:00 a 20:00 horas, e consistirá nun Obradoiro de Educación Alimentaria dirixido a pais e nais de nenos/as a partir de 6 meses. Hai 20 prazas dispoñibles e os interesados poden reservar praza na Biblioteca ou chamando ó número 981 382 173. Os contidos divídense en 3 sesións: Sesión 1 -Lactancia materna. Recomendacións da OMS. -Qué a alimentación complementaria. Por que, como e cando introducila. -Necesidades nutricionais do bebé. Grupos de alimentos: froitas, verduras, cereais, carnes, peixes, ovos, legumes, lácteos e auga. -Alimentos non recomendables. Sesión 2 -Triturado ou enteiro? Purés ou ‘Baby led waning’. Vantaxas -Preparación e almacenamento seguro dos alimentos. Pautas hixiénicas. -Hábitos alimentarios saudables. Erros comúns. Sesión 3 -Etiquetado de alimentos. Pautas xerais. -Qué significa a información nutricional. Aprender a elexir produtos saudables a partir das etiquetas. -Comparación de etiquetas de produtos infantís. Exemplos reais. Dous días despois, o sábado 13 de decembro terá lugar o Contacontos para bebés ‘Bicos con leite’ a cargo de Charo Pita. Haberá dúas sesións, con 15 prazas cada unha. Os horarios son os seguintes: -De 11 a 11:30: bebés de 19 a 36 meses. -De 12 a 12:30 horas: bebés de 0 a 18 meses. Trátase dunha serie de contos, cancións e sons onde os protagonistas son os animais. Charo Pita introduce nesta sesión o tema da lactancia, narrando e recreando o seu libro ‘Maxia!’. Cada bebé poderá vir acompañado dun adulto. As prazas poden reservarse a partir do 9 de decembro ás 16:00 horas, na Biblioteca ou chamando ó número 981 382 173. Ademáis, como actividade paralela e complementaria, permanecerán expostos durante a semana do 9 ó 13 de decembro unha selección de contos infantís e manuais de adultos sobre a lactancia materna. O sábado 20 de decembro, de 11 a 12 horas, haberá outro contacontos, esta vez dirixido a nenos/as de 4 a 8 anos de idade. Trátase do contacontos/obradoiro ‘Os recunchos do Nadal’ a cargo de María Cagiao (XESDOC) e que se divide en tres accións: o recuncho do conto, o recuncho do crebacabezas de Nadal, e o recuncho do obradoiro. O prazo para apuntarse ábrese o luns 15 de decembro ás 16:00 horas, pódese reservar praza da mesma forma que nas actividades anteriores. Hai un límite de 20 prazas. Por outra parte, do 22 de decembro ó 5 de xaneiro levarase a cabo o préstamo de lotes sorpresa “a cegas”, previamente seleccionados polo persoal da biblioteca. Trátase de varios lotes de 3 documentos cada un (libros, CDs, DVDs) para nenos/as de 0 a 14 anos (divididos en 4 grupos de idade). O obxectivo é que teñan acceso ós materiais de máis calidade estética e literaria que moitas veces deixan de lado por seguir as modas comerciais da literatura infantil. A Concelleira de Bibliotecas de Narón, Mª del Carmen Espada, tamén presentou hoxe dúas iniciativas novedosas que se levarán a cabo proximamente: -Biblioteca Quitapenas: trátase dunha campaña de doazón de produtos básicos non perecedoiros (arroz, aceite, conservas e produtos de hixiene) con destino ó Centro de Recursos Solidarios. Esta campaña permanecerá aberta dende hoxe e indefinidamente. Ademáis, durante o Nadal organízase a ‘Biblioteca Quitapenas cun xoguete’ que consiste na recollida de xoguetes –novos ou usados, pero en bo estado- ata o 29 de decembro, co mesmo destino. Mª del Carmen Espada apelou á xenerosidade dos usuarios, para facerlles partícipes desta campaña. “Queremos seguir axudando e ser solidarios cos máis desfavorecidos nesta cadea de favores na que todos saímos beneficiados” sinalou a Concelleira de Bibliotecas. Por último, dende o Concello de Narón promóvese o Club de Lectura “Vital” que nace coa idea de promover un tipo de lectura orientado á evolución e ó crecemento das persoas, mediante a selección previa de libros que lles aporten un aprendizaxe a nivel persoal, e que lles permitan relacionarse entre sí. O Club de Lectura terá unha duración de 6 meses, dende xaneiro ata xuño de 2015 e os seus membros reuniranse 1 vez ó mes para comentar e debater un libro previamente elixido entre todos. Haberá entre 6 e 18 prazas dispoñibles e os interesados poden inscribirse dende este momento na Biblioteca Municipal do Alto. A persoa encargada de organizar o Club de Lectura será Sonia López Díaz, coach profesional con certificación internacional polo Instituto Europeo de Coaching. Para concluir, Mª del Carmen Espada convidou a tódolos veciños de Narón a facerse partícipes das actividades promovidas pola Biblioteca do Alto “posto que ademáis de ser un espazo de lectura, é tamén un sitio de encontro e de convivencia” finalizou a edil.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal