Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO E ASOCIACIÓNS DE DIVERSIDADE FUNCIONAL ORGANIZAN UN ACTO CONXUNTO O 12 DE DECEMBRO EN ODEÓN
O CONCELLO E ASOCIACIÓNS DE DIVERSIDADE FUNCIONAL ORGANIZAN UN ACTO CONXUNTO O 12 DE DECEMBRO EN ODEÓN
Baixo o título "A diversidade ten dereitos" incluirá exposicións, música e baile. Ademais, en xaneiro organizaranse as I Xornadas de Teatro e Diversidade.
Narón, 9 de Decembro de 2014.- A Concelleira de Promoción Social e Igualdade de Narón, Teresa Sabio, presentou hoxe en rolda de prensa o acto “A diversidade ten dereitos” organizado con motivo da conmemoración do Día Internacional da Diversidade Funcional, o vindeiro 12 de decembro. A cita será no Centro Comercial e de Ocio Dolce Vita Odeón, de 17 a 20 horas, e contará coa participación das seguintes entidades sociais:

-Grupo de diversidade funcional de Ferrol e comarcas de COGAMI.
-Asociación de Pais de Nenos con Problemas Psicosociais (ASPANEPS).
-Asociación de Pais de nenos con Minusvalía (ASPANEMI).
-Asociación de Sïndrome de Down Teima.
-Asociación Vida Activa.
-Asociación AFAES PortaNova.
-Asociación Nuestra Señora de Chamorro.
-Asociación Sociocultural ASCM.

O programa da Xornada de Diversidade Funcional é o seguinte:

-Exposición de imaxes das asociacións (pódense ver do 10 ó 15 de decembro).
-Exposición de artesanías.
-Actuacións de piano (Asociación Chamorro).
-Lectura do manifesto sobre a Diversidade Funcional, a cargo da Concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio.
-Coral ‘Sonidos de amor’ (ACSM).
-Saúdo do Alcalde de Narón, José Manuel Blanco.
-Musicoterapia (Asociación Vida Activa).
-Baile (Asociación Vida Activa).

Esta iniciativa forma parte dunhas xornadas informativas sobre os dereitos das persoas con diversidade funcional, que teñen como finalidade o reforzar as actuacións dirixidas a colectivos vulnerables e fomentar a inclusión das persoas con diversidade funcional, atendendo ás súas necesidades especiais.

No mesmo programa inclúense as I Xornadas de Teatro e Diversidade, que se desenvolverán no Café Teatro do Pazo, nas seguintes datas: día 9 de xaneiro ás 18:30 horas: ASCM; día 16 de xaneiro ás 18:30 horas: Asociación Vida Activa; día 30 de xaneiro ás 18:30 horas: Chamorro e Diversidade Funcional.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal