Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO PRESENTA A NOVA ETAPA DA ESCOLA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ
O CONCELLO PRESENTA A NOVA ETAPA DA ESCOLA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Entre outras actividades ofrecerase formación e de asesoramento a entidades, responsables políticos e funcionarios.
Narón, 12 de Decembro de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, anunciaron hoxe en rolda de prensa o reinicio do programa da ‘Escola de Participación Cidadᒠque iniciaba a súa andaina no ano 2012 coa creación dos primeiros Consellos Territoriais e que agora se reforza con novas actuacións.

Na actualidade, o Concello ten constituído un total de 14 Consellos Territoriais, que contan con 106 representantes da zona urbana e do rural (abertos á participación de novas entidades que queiran sumarse). Estes organismos permiten ás asociacións debater sobre as necesidades de cada barrio e cada parroquia, xunto ós responsables políticos da Corporación Municipal de Narón.

Estes foros se reunirán a partires do mes de xaneiro de 2015, para analizar as problemáticas dos barrios e elaborar un listado priorizado de propostas anuais. Cada consello está formado por entidades veciñais, culturais, deportivas e sociais da zona e concelleiros/as de cada grupo municipal.

Ademáis do traballo por zonas, existirá outro órgano no que se tratarán asuntos que afecten a todo o territorio ou políticas e programas máis estratéxicos: o Consello Xeral de Participación Cidadá. Este órgano se convocará tamén en vindeiras datas, e no mesmo estarán representados veciños/as a título participacula, politicos/as e membros de cada consello territorial. Un dos primeiros temas que se debatirá aquí será a regulación dos locais sociais municipais.

Aparte de continuar co asesoramento ás asociacións, o programa da Escola de Participación Cidadá contará cunha novedosa acción formativa dirixida a políticos e técnicos municipais. Trátase de 10 horas de formación en Participación Cidadá, nas que se elaborará un mapa de actuacións prioritarias a desenvolver en Narón, estudaranse outras experiencias como os Orzamentos

Participativos e analizaranse diversos programas políticos, normativas e directrices europeas. Tamén se traballará sobre a calidade das reunións e os espazos de toma de decisións.

Por outro lado, impartiranse 50 horas de formación a asociacións sobre os aspectos relativos ó Regulamento de Participación, e á xestión de entidades. Asimesmo, celebrarase un Foro piloto de Orzamentos Participativos nun dos barrios ou parroquias do municipio, unha vez avanzado o traballo dos consellos territoriais e a priorización de propostas.

Outra acción novedosa será a formación dirixida á mocidade de Educación Secundaria (ESO) coa celebración de “Plenos Escolares” en colaboración cos centros escolares, na Casa Consistorial de Narón.

O programa da Escola de Participación Cidadá terá unha vixencia de 2 anos, nos que tamén se contará cunha oficina de atención ó público no ámbito rural (os luns e os martes) e na zona urbana (de mércores a venres). A técnico Maica Rodríguez será a encargada, ó igual que na edición anterior, de levar a cabo este programa.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal