Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE INSTA Á XUNTA DE GALICIA A MEDIAR PARA EVITAR O EXPEDIENTE DE DESPIDO COLECTIVO EN MEGASA
A Corporación Municipal acorda solicitar á Conselleira de Traballo o seu apoio para buscar unha solución alternativa ós plans da dirección da factoria de Xuvia.
Narón, 18 de Decembro de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e os voceiros dos grupos políticos municipais (Guillermo Sánchez Fojo –TEGA-, Marcos López –representando ó PP-, Catalina García –PSOE-, Pablo Villamar –BNG- e María Porto –Converxencia Galega-) reuníronse hoxe co comité de empresa de Megasa, para abordar a situación actual desta empresa logo de que a dirección comunicase a súa intención de reducir a produción en 200.000 toneladas anuais, despedindo así a 47 traballadores e eliminando un turno de traballo. Segundo indicou o Alcalde de Narón, a proposta de despido colectivo é totalmente inaceptable, tanto no referido ás súas condicións coma ós seus argumentos. “Están anunciando o despido directo de 47 traballadores sen prantexar alternativas coma as xubilacións ou as recolocacións” sinalou o rexedor, recordando que en Megasa unha parte do traballo se subcontrata a empresas externas (cunha media de 60 persoas diarias) e os empregados poderían pasar a realizar estas labores. Ademáis, por primeira vez a dirección da empresa non se está a sentar na mesa de negociación cos traballadores, senón que toda a comunicación se fai a través dun bufete de avogados, que nin sequera acoden á factoría. Inicialmente, propúxolle ós empregados facer a reunión nun hotel de A Coruña e finalmente se celebrou en Santiago a través da mediación da Xunta. “A empresa prantexa un expediente de despido colectivo que ten 1 mes de período de consultas, que finaliza o día 9 de xaneiro segundo a dirección e o dia 15 segundo a prantilla. No peor dos casos, estarían na rúa nesa primeira data” avanzou o Alcalde de Narón. Dende o Concello acordouse solicitar hoxe unha xuntanza urxente coa Conselleira de Traballo da Xunta de Galicia, Beatriz Mato, para tratar de paralizar os plans da dirección de Megasa en Xuvia. O Alcalde de Narón asinou e enviou na mañá de hoxe esa carta, refrendada por tódolos voceiros da Corporación Municipal de Narón. “Imos pedirlle que inste á empresa a recapacitar e a que non se adopten medidas tan drásticas” sinalou o primeiro edil. José Manuel Blanco recordou que “Megasa sempre tivo todo o apoio e as facilidades por parte dos sucesivos gobernos municipais de Narón para sentirse cómoda neste municipio, e para poder desenvolver o seu traballo nas mellores condicións posibles” declarou o Alcalde en referencia ó acceso á autopista AP-9 e ó recheo da ría para dar cabida á súa produción, entre outras facilidades. O motivo principal do despido que prantexa a empresa é a baixa produtividade que segundo eles teñe Megasa, cando a realidade é que actualmente vende todo o que produce. “Das 500.000 toneladas producidas en 2014 está todo vendido e non queda nada en stock, así que a empresa é viable” declarou o presidente do Comité de Empresa, Carlos Bascoy, que calificou o expediente da dirección da compañía coma “incomprensible. Tenemos que mirar con lupa este prantexamento, porque o que se pretende facer é unha agresión ás familias e ós traballadores. En Megasa hai 169 empregados, e imos a defender todos e cada un deses postos de traballo” recalcou Bascoy. Nesa loita, o representante dos traballadores solicitou o apoio “de tódalas administracións, porque resulta imprescindible defender o tecido industrial e o mantemento da produción en Narón, especialmente no caso dunha compañía á que se lle teñen dado tódalas facilidades para asentarse aquí” declarou o representante dos traballadores.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal