Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O ALCALDE E A CONCELLEIRA DE IGUALDADE ENTREGAN 35 DIPLOMAS DE CURSOS DE COCIÑA E DE BRICOLAXE, DIRIXIDOS A HOMES E MULLERES RESPECTIVAMENTE
O ALCALDE E A CONCELLEIRA DE IGUALDADE ENTREGAN 35 DIPLOMAS DE CURSOS DE COCIÑA E DE BRICOLAXE, DIRIXIDOS A HOMES E MULLERES RESPECTIVAMENTE
Narón, 19 de Decembro de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, entregaron hoxe os diplomas de dous cursos dirixidos a homes e a mulleres respectivamente, nos que se ensinaron tarefas domésticas habituais.

Trátase do Curso de Cociña para Homes (do que se entregaron 19 diplomas) e do Curso de Corresponsabilidade para mulleres (16 diplomas).

Os participantes no Obradoiro de Cociña Saudable aprenderon a elaborar receitas saudables e sinxelas, a manipular alimentos e útiles de cociña, limpeza doméstica, organización da compra, técnicas e preparación de alimentos, e o menú diario. Os obradoiros foron realizados no Centro Municipal Manuela Pérez Sequeiros e no Centro Municipal das Casas da Mariña, cunha duración de 25 horas cada un.

As mulleres participantes no Obradoiro de Corresponsabilidade coñeceron as habilidades básicas para a realización de pequenas reparacións domésticas de bricolaxe. Desta forma, aprenderon principios básicos de fontanería, electricidade e carpintería, divididos en seis xornadas, levadas a cabo no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal