Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A CONCELLARÍA DE IGUALDADE CONVOCA UNHA NOVA EDICIÓN DOS FOROS DE CIDADÁS
A CONCELLARÍA DE IGUALDADE CONVOCA UNHA NOVA EDICIÓN DOS FOROS DE CIDADÁS
A Concellaría de Igualdade e Persoas Maiores de Narón vén de convocar a segunda edición dos Foros de Cidadás, que se desenvolverán de xeito mensual neste municipio. A primeira cita terá lugar o próximo martes 30 de Outubro ás 18 horas, nas dependencias da Biblioteca Municipal do Alto do Castiñeiro.
A Concelleira de Igualdade e Persoas Maiores, Mª del Carmen Espada, fai un chamamento público á participación de todas as mulleres de Narón nesta actividade, que é libre e gratuita. “Queremos que participe o maior número de mulleres nesta plataforma de expresión e debate, pensada para a súa comunicación e formación”, explicou a edil.

O primeiro Foro de Cidadás desta nova temporada leva por título “El lenguaje: instrumento para la igualdad”. A propia concelleira de Igualdade será a encargada de moderar a reunión, xunto coa coordinadora do Programa da Muller do Concello de Narón. A reunión comenzará coa benvida ás participantes e a presentación da concelleira, tras o que se exporá un resumen da actividade do Foro durante o pasado ano. A continuación se presentará a nova etapa, se realizará unha dinámica de grupos e unha introducción ó debate sobre a linguaxe sexista. As participantes tamén levarán a cabo un traballo por equipos, e unha posta en común das reflexións e experiencias entorno a este tema.

Esta xuntanza servirá ademais para recoller os temas que as propias mulleres consideren interesantes, para o seu debate en sucesivas convocatorias, segundo comentou a propia edil, Mª del Carmen Espada.

O Foro de Cidadás forma parte do primeiro Plan de Igualdade do Concello de Narón, que ten unha vixencia cuadrienal (2006-2010).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal