Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CONCELLO DE NARÓN OFRECE POSTAIS ELECTRÓNICAS PARA FELICITAR O NADAL
O SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CONCELLO DE NARÓN OFRECE POSTAIS ELECTRÓNICAS PARA FELICITAR O NADAL
Poden descargarse gratuitamente nesta páxina web.
Narón, 19 de Decembro de 2014.- A Concellería de Educación do Concello de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada Cortizas, a través do Servizo de Normalización Lingüística, pon en marcha un ano máis a campaña “Felicita o Nadal en galego!” co fin de promover o emprego da lingua galega entre a cidadanía.

Tal e como indicou a edil responsable de Educación, “cando se achegan estas datas tan sinaladas é tradición enviar unha postal ós nosos seres queridos para felicitarlles as festas e a entrada no novo ano. Hoxe en día, grazas ás novas tecnoloxías moitos e moitas optamos polas postais electrónicas a través do e-mail para mostrarlles o noso afecto” indicou Mª del Carmen Espada.

Para facer máis sinxelo ese traballo, a web do Concello de Narón ofrece unha serie de recursos dixitais:

-Postal para descargar
-Postal electrónica

Ademáis, as postais conteñen diversas mensaxes de felicitación e panxoliñas que pódense utilizar para felicitar ós seres queridos nestas datas.

Estas postais poden descargarse no seguinte enlace:
http://www.concellodenaron.com/web/cat/web/cat/gal/concello/nadal2014

As persoas que queiran facer algún tipo de consulta relacionada con esta campaña, poden chamar ó teléfono 981 33 77 00 (extensión 1516) ou enviar un correo electrónico a a.pita@naron.es Ademáis, o Servizo de Normalización Lingüística está ó servizo dos cidadáns para corrixir ou traducir ao galego os textos de felicitación do Nadal.

O Servizo de Normalización Lingüística está sostido con fondos do Concello de Narón, e subvencionado pola Deputación da Coruña e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. A parte do seu labor interno, tamén lle presta o seu servizo a calquera persoa particular, empresa, asociación ou entidade que o demande, tanto de asesoramento lingüístico coma de tradución e corrección de textos. Entre as funcións que desenvolve, atópanse as de dinamización, asesoramento e formación lingüística.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal