Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
UNHA IMAXE DO MUIÑO DAS ACEÑAS GAÑA O V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA TURÍSTICA 'CONCELLO DE NARÓN'
UNHA IMAXE DO MUIÑO DAS ACEÑAS GAÑA O V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA TURÍSTICA 'CONCELLO DE NARÓN'
As outras dúas fotografías premiadas foron realizadas na Rotonda de Freixeiro e na Praza de Galicia.
Narón, 22 de Decembro de 2014.- O xurado do V Concurso de Fotografía ‘Concello de Narón’ convocado pola Concellería de Turismo, ven de fallar os premios desta edición do certame.

Unha fotografía do Muiño das Aceñas convírtese nesta ocasión na imaxe gañadora do concurso, seguida por outra fotografía da Rotonda de Freixeiro (onde están representadas tódalas parroquias e barrios de Narón) e en terceiro lugar sitúase unha perspectiva doble (na pantalla do móvil e na imaxe) do Concello de Narón dende a Praza de Galicia.

A relación de premiados é a seguinte:

1º premio (750€): Francisco Javier Rodríguez Fariñas (Narón)
2º premio (300€): José Regueiro (Sarria –Lugo-).
3º premio (150€): Jorge Meis Díaz (Ferrol).


Ademáis dos galardóns en metálico, os autores destas tres imaxes verán as súas fotos no Calendario do Concello de Narón do 2015, xunto a outras 9 imaxes que foron seleccionadas de entre o total de fotografías presentadas a concurso. Nesta edición contouse coa participación de 72 persoas.

O xurado estivo formado por:

-José Pardo (fotoxornalista de ‘La Voz de Galicia’).
-Kiko Delgado (fotoxornalista de ‘El Correo Gallego’).
-Jesús G. Taboada (propietario do Estudio F 64).
-María Luaces (responsable de Prensa do Concello).
-María Rodríguez Porto (Concelleira de Turismo).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal