Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTRA EN SERVIZO UN NOVO PARQUE INFANTIL E BIOSAUDABLE NA PARROQUIA DE SAN XIAO
O novo espazo público dispón de xogos para nenos/as e elementos de ximnasia biosaudables para persoas maiores.
Narón, 23 de Decembro de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e representantes políticos da Corporación Municipal inauguraron hoxe o parque infantil e biosaudable de San Xiao, situado xunto ó local social desta parroquia. Trátase dun novo espazo público cunha superficie total de 150 m2, dividido en dúas zonas claramente diferenciadas: un parque infantil e un parque biosaudable. As obras de acondicionamento de ambos espazos foron realizadas pola empresa Gabadi nun prazo de 3 meses, e cun orzamento total de 35.997€ (dos cales o Plan Leader de Costa Artabra aportou 11.800€ e a Concellería de Obras Públicas de Narón financiou a cantidade restante). O parque infantil dispón de 4 elementos de xogo: un tobogán, un columpio dobre, un balancín dobre e outro individual. Ó seu carón habilitouse o parque biosaudable, con outros catro dispositivos de ximnasia para persoas maiores: un timón, un elevador, un xogo de estiramento de pernas e outro de cintura.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal