Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
PRESENTACIÓN DO PROGRAMA 'PRAZAS VIVAS 2014' NO QUE SE INCLÚE A CONSTRUCIÓN DAS CARROZAS DA CABALGATA SOLIDARIA
PRESENTACIÓN DO PROGRAMA 'PRAZAS VIVAS 2014' NO QUE SE INCLÚE A CONSTRUCIÓN DAS CARROZAS DA CABALGATA SOLIDARIA
Esta cabalgata percorrerá as rúas de Narón o vindeiro 5 de xaneiro, e incluirá os alimentos que se recollerán con destino ó Centro de Recursos Solidarios.
Narón, 23 de Decembro de 2014.- A Concelleira de Acción Social de Narón, Catalina García, presentou hoxe en rolda de prensa o programa “Prazas Vivas 2014” que ten como obxectivo a construción entre os veciños/as de Narón das carrozas que participarán na Cabalgata Solidaria na que estarán representadas as 13 parroquias de Narón.

Tal e como indicou Catalina García “o proxecto Prazas Vivas pretende mostrar ós nenos e nenas de Narón un Nadal diferente, onde os valores son os protagonistas”. Para iso, os participantes unirán os seus esforzos para construir as carrozas, nas que se incluirán alimentos con destino ó Centro de Recursos Solidarios de Narón, fomentando así a solidariedade entre a infancia.

As persoas interesadas na construción das carrozas que formarán parte da Cabalgata Solidaria poderán inscribirse chamando ó teléfono 670 034 625. Neste número se lles indicarán os horarios e lugares de construción das 14 carrozas, que terán as seguintes temáticas:

-Amor e amizade
-A familia cociñando
-A noite de fin de ano
-A cultura e as tradicións
-A neve de Nadal
-As árbores e as panxoliñas
-O deporte inclusivo
-A fantasía e a maxia
-A ledicia e os sorrisos
-Os trasgos
-Os regalos inmateriais
-A noite de reis
-O rei Artabán
-Os 3 reis magos


Ademáis, en cada parroquia recollerase un alimento diferente, co obxectivo de que a doazón de produtos ó CRS sexa o máis equilibrada posible:

A Solaina Chocolate e colacao
A Gándara Produtos de limpeza
Pedroso Patacas
Sedes Allos e cebolas
O Couto Tomate frito
Piñeiros Tomate frito
Xuvia Conservas
San Xiao Allos e cebolas
Doso Galletas
O Alto Aceite
O Val Leite
Castro Galletas
San Mateo Chocolate e colacao


No programa “Prazas Vivas” tamén haberá outras actividades lúdico-educativas que terán lugar nas diferentes parroquias:

-Obradoiros de nutrición
-Obradoiros de reciclaxe
-Obradoiros de patinaxe
-Obradoiros de graffiti

(Ver cronograma adxunto)

O programa foi iniciado de xeito experimental no Nadal de 2013, e inclúe outros elementos novidosos coma a presenza do cuarto Rei Mago, Artabán, o rei dos valores e a solidariedade. Tamén volverá a soar a panxoliña “Narón brila este Nadal” composta por Manuel Ramil e interpretada por Dani Ríos e Enrique Ramil, esta vez interpretada polos veciños e a Coral Municipal.

Dende a Concellería de Acción Social de Narón convídase a participar a tódalas familias que desexen amosar ós seus fillos un Nadal diferente “onde non hai carrozas ostentosas senón carrozas cheas de alimentos, e onde non hai tres Reis Magos senón catro, sendo este último un rei pobre e descoñecido que non reparte regalos pero que destaca pola virtude de compartir todo o que ten” indicou a Concelleira de Acción Social de Narón.

A Cabalgata Solidaria terá lugar o luns 5 de xaneiro ás 16:00 horas, partindo de Xuvia e chegando á Praza de Galicia, onde se instalará unha carpa para recibir ós Reis Magos e a tódolos nenos e nenas do Concello.


Descarga de archivos
Cronograma de Obradoiros do programa 'Prazas Vivas'Tamaño: 100,09 KBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal