Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A I XORNADA SOLIDARIA DE FÚTBOL SALA SE CELEBRA O SÁBADO 3 DE XANEIRO NO PAVILLÓN DE A GÁNDARA
A entrada será 1 kilo de alimentos, e os beneficios se destinarán ó Centro de Recursos Solidarios (CRS) de Narón.
Narón, 29 de Decembro de 2014.- O Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara acollerá o sábado 3 de xaneiro de 2015 a I Xornada Solidaria promovida polo Club Cidade de Narón de Fútbol Sala, a favor do Centro de Recursos Solidarios (CRS) de Narón. A entrada neste caso será a doazón de 1 kilo de alimentos (preferiblemente leite entera ou aceite de girasol, aínda que é válido todo tipo de alimentos non perecedoiros e artigos de hixiene), que se destinarán a esta entidade, na que se atenden actualmente a 1.300 persoas de Narón e doutros municipios. A Xornada Solidaria enfrentará ó equipo do Cidade de Narón contra a Asociación Galega de Xogadores de Fútbol Sala (AGJFS), tal e como indicou o presidente do club, Ramón Padín. Ademáis haberá outros partidos: -16:00 horas: Partidos de nenos da escola de fútbol sala, en tódalas categorías (prebenxamín, benxamín, alevíns e biberones) -17:00 horas: Foto oficial do Club con tódalas categorías (actualmente forman parte do Narón Futsal preto de 120 deportistas). -18:30 horas: Partido do Cidade de Narón (2ªB) contra a AGJFS. A xornada finalizará entorno ás 20:00 horas. Dende a Concellería de Deportes de Narón, a edil Natalia Hermida fixo un chamamento á asistencia da xente a este partido, para intentar acadar a cifra de 1.000 persoas –que se traduciría en 1.000 kilos de alimentos-. Tamén a Concelleira de Acción Social agradeceu ó Club Cidade de Narón de Futsal esta iniciativa altruista. Ambas destacaron o cariz solidario desta entidade deportiva, que no ano pasado xa organizou outros torneos a beneficio de Cáritas e Parkinson Ferrol. Nesta ocasión, a Xornada Solidaria leva o nome de Mari Carmen Caballero, finada recentemente e que destacaba por ser unha persoa que sempre tiña tempo para axudar ós demais. O seu viúvo agradeceu hoxe na rolda de prensa ó Concello e ó Club o xesto que tiveron poñéndolle o seu nome a este evento. En representación do CRS acudiu un membro da Plataforma de Afectados pola Hipoteca de Ferrolterra, entidade colaboradora e beneficiaria do CRS.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal