Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ULTIMA OS DETALLES PARA A GRAN FESTA DE FIN DE ANO 2014
Terá lugar na carpa da Praza de Galicia, con entrada e aparcamento de balde. Haberá fogos artificiais, e a actuación dunha orquesta e 4 pinchadiscos durante toda a noite.
Narón, 29 de Decembro de 2014.- O Concello de Narón está a ultimar os preparativos da Festa de Fin de Ano 2014 coa que se despedirá o ano saínte e se dará a benvida ó 2015. Ó igual que en anos anteriores, esta celebración terá lugar na carpa instalada na Praza de Galicia, cunha capacidade para albergar 4.000 persoas. A entrada é de balde ata completar o aforo. A instalación e decoración interior estase a realizar a bo ritmo, estando xa montados os dous escenarios para orquestra e música disco respectivamente. O espazo ten unhas dimensións totais de 1.500 m2, e disporá de calefacción e ropeiro, ademáis de parking cuberto (será o aparcadoiro subterráneo do Centro Comercial Narón, que permanecerá aberto toda a noite e poderanse estacionar os vehículos de xeito gratuito). Ademáis, durante toda a noite realizarase un espectáculo de iluminación na Praza de Galicia, sobre a que se proxectarán diferentes luces de cores e efectos especiais. A Festa de Fin de Ano comezará ás 00:30 horas coa apertura das portas da carpa (pechará ás 8:00 da mañá) e a continuación, terá lugar unha sesión de fogos de artificio coa que se dará por inaugurada esta festa. Seguidamente actuará a Orquestra “Aché” e ó rematar no outro dos escenarios actuarán ata 4 DJ’S que pincharán música disco dende os anos 80 ata a actualidade. Tamén haberá unha zoa de descanso de 250 m2 con sofás e mesas, ademáis das barras do bar que servirán as consumicións a prezos moderados. Incluso se poderá degustar o tradicional chocolate. Finalizada a Festa de Fin de Ano, na mesma carpa celebrarase os días 3 e 4 de xaneiro o Festival de Reis, en horario de 11:30 a 13.30 e de 16:00 a 20:00 horas. Haberá xogos para nenos/as (inchables, toro mecánico, futbolín humano) e animación musical a cargo do grupo “DiverShow”(ás 18:00 horas).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal