Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PLENO APROBA UNHA DECLARACIÓN INSTITUCIONAL EN CONMEMORACIÓN DO SERVIZO SOCIOCOMUNITARIO MUNICIPAL
O PLENO APROBA UNHA DECLARACIÓN INSTITUCIONAL EN CONMEMORACIÓN DO SERVIZO SOCIOCOMUNITARIO MUNICIPAL
Neste ano 2015 cúmprese o 30º aniversario da creación deste servizo do Concello.
Narón, 30 de Decembro de 2014.- A Corporación Municipal de Narón celebrou hoxe o Pleno Ordinario do mes de decembro no que se aprobou unha Declaración Institucional para conmemorar o 30º aniversario da creación do Servizo Sociocomunitario Municipal.

No vindeiro ano 2015 cumpriranse trinta anos dende que a entón Corporación Municipal de Narón decidira apoiar a iniciativa do funcionario municipal Alfonso Filgueira, para dotar a Narón dun equipo técnico multidisciplinar na área de servizos á comunidade e de atención ás persoas, ó ensino, á formación, á cultura, ós servizos sociais, ó medioambiente, etc…Esta decisión municipal cristalizou na creación do Servizo Sociopedagóxico Municipal, no que as persoas considerábanse como seres integrais e os servizos á comunidade centrábanse nun único departamento.

A partires dese momento, o Servizo Sociocomunitario Municipal acadou catro importantes logros:

-Elaborar o ‘mapa escolar de Narón’, imprescindible para fundamentar a construcción dun novo instituto (o IES Terra de Trasancos) e construcción dos Colexios Rurais Agrupados (CRA) de Trasancos e Narón, do CEIP de Piñeiros, e ampliación do CEIP Ponte de Xuvia. Posteriormente construíronse outras infraestruturas coma as Escolas Infantís Municipais ou os Centros de Maiores.

-Dotar a Narón das súas sinais identitarias, que facultaran a identificación dos seus veciños co seu territorio, a través das obras “Narón, un concello con historia de seu” do historiador municipal Andrés Pena Graña.

-Acadar a cualificación da mocidade de Narón, por entón cun alto índice de abandono escolar, como medida de futuro e prevención da exclusión social. Creouse entón o Proxecto de Escola Obradoiro do Concello de Narón (que daría formación e traballo durante tres anos a 50 persoas de entre 16 e 30 anos) e despois o Centro de Formación Irmáns Froilaz.

-Deseñar e dotar dunha verdadeira oferta de servizos sociais, educativos, culturais, ocupacionais… a tódolos sectores da poboación, cunha constatable proximidade ós barrios e parroquias.

Con ocasión desta efeméride o Concello de Narón realiza –mediante esta Declaración Institucional- un sincero homenaxe a aquelas persoas que traballando en equipo, acadaron un recoñecido servizo á cidadanía.

Dentro da orde de día de hoxe tamén se ratificaron as alegacións contra a aprobación inicial da ordenanza fiscal nº8 Reguladora da taxa polos servizos prestados polo parque municipal de bombeiros de Ferrol, por estimala lesiva para os intereses dos veciños/as de Narón. Dita ordenanza establece para os concellos que non teñan subscrito un convenio con Ferrol para a prestación do servizo contraincendios, un custo de mantemento de 5.471€ por servizo. Este punto foi aprobado cos votos a favor de tódolos partidos, agás a abstención do PP.

O Alcalde Accidental, Guillermo Sánchez Fojo, lembrou que Narón leva anos reiterando o seu interese en entrar a formar parte do Consorcio Provincial Contraincendios, e agarda que o responsable deste organismo se reúna á maior brevidade posible co Alcalde titular, José Manuel Blanco, para falar deste asunto.

Hoxe tamén se aprobou a renovación das tarifas de autotaxi de Narón correspondentes ó ano 2015, que se incrementará nun 2 % no caso das tarifas urbanas. O acordo aprobouse por unanimidade.

No apartado de mocións, hoxe debatíuse unicamente un texto presentado polo BNG sobre a creación dunha tarifa eléctrica galega. No mesmo ínstase á Xunta de Galicia “a demandar do Goberno Español a creación dunha Tarifa Eléctrica Galega que, atendendo á condición de Galicia como excedentaria na produción de electricidade, rebaixe as peaxes das tarifas nun 30% tanto para o consumo doméstico como para as empresas”. O acordo foi aprobado cos votos a favor do goberno municipal (TEGA, PSOE, BNG e Grupo Mixto), mentres que o PP votou en contra.

Tamén hoxe tomou posesión Aurora Pigueiras Martínez, como Concelleira do Partido Popular de Narón, logo da renuncia de Marcela Castro, e previa renuncia anticipada de Paula Gárate, Juan Iglesias e Jesús Angel Porta.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal