Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A NARONESA FLORA LÓPEZ YAÑEZ CUMPRE 100 ANOS E O CELEBRA CUNHA VISITA DO ALCALDE
A NARONESA FLORA LÓPEZ YAÑEZ CUMPRE 100 ANOS E O CELEBRA CUNHA VISITA DO ALCALDE
José Manuel Blanco desprazouse ata o seu domicilio, xunto coas concelleiras Teresa Sabio e Catalina García, para felicitar á centenaria e compartir un rato de conversa xunto a ela.
Narón, 19 de Xaneiro de 2015.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, visitou hoxe a unha veciña que ven de cumprir os 100 anos de idade, e que reside en O Couto. Trátase de Flora López Yañez, natural de Placente (Sedes) e que o pasado día 11 de xaneiro cumpriu un século de vida.

Con motivo desta celebración, o rexedor desprazouse ata o seu domicilio acompañado das Concelleiras de Promoción Social e Acción Social, Teresa Sabio e Catalina García. Os representantes municipais compartiron un rato de conversación con Flora, quen a pesares de ter acadado os 100 anos de vida, goza dunha boa memoria.

Afeccionada ó fútbol (declárase seguidora do Real Madrid), traballou durante toda a súa vida no campo, residindo sempre no municipio de Narón. O traballo no campo e o seu estilo de vida parecen ser o segredo para ter chegado a cumprir os cen anos, segundo comentou a súa familia. Actualmente reside na casa da súa filla, e tense convertido na matriarca dunha familia que vai xa pola 5ª xeración (ten un tataraneto de 3 anos de idade).

O Alcalde e as concelleiras do goberno municipal entregaron a Flora López unha cesta de plantas con motivo da súa visita, á que tamén asistiu o presidente da Asociación de Veciños do Couto, Anselmo Beceiro. Segundo os últimos datos que se manexan, actualmente hai 10 persoas en Narón que superan a barreira dos 100 anos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal