Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE PARA ACOLLER A NEN@S SAHARAUIS DURANTE O VERÁN DE 2015
ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE PARA ACOLLER A NEN@S SAHARAUIS DURANTE O VERÁN DE 2015
O Concello renova o convenio coa Asociación 'Solidariedade Galega co Pobo Saharaui' para traer a Narón a 5 menores. Búscanse familias de acollida.
Narón, 21 de Xaneiro de 2015.- O Concello de Narón ven de abrir o prazo de solicitude para participar no programa de acollida de nenos/as saharauis “Vacacións en Paz”. A nova foi anunciada hoxe en rolda de prensa pola Concelleira de Acción Social, Catalina García, quen estivo acompañada por representantes da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui na comarca (Hassan Hocine –colaborador-, Benigno López –coordinador comarcal- e Maite Martínez –delegada en Narón-)

Ó igual que o ano pasado, o goberno municipal mantén un convenio de colaboración con esta entidade, en virtude do cal realiza unha achega económica de 5.000€ para financiar a viaxe de 5 nenos/as dende os campamentos de Tinduf (Sáhara) ata Narón, para pasar o verán con familias de acollida.

Este acordo garante que como mínimo poidan vir o mesmo número de nenos/as que en 2014, pero no caso de aparecer máis familias de acollida, dende a Asociación trataríase de dar resposta a esa demanda. Os interesados poden informarse de tódolos detalles do programa Vacacións en Paz no 1º andar do Concello (Servizo Sociocomunitario).

A estancia dos menores será coma sempre durante o verán, nos meses de xullo e agosto, onde nos campamentos do deserto do Sáhara danse unhas condicións de vida de extrema dificultade, con temperaturas que rozan os 50º.

Ademáis de ter a posibilidade de coñecer outra cultura, os nenos/as saharauis aproveitan a estancia en Galicia para realizar revisións médicas e oftalmolóxicas. “Trátase de que saian de alí o maior número de nenos posible” indicou Benigno López, lembrando que o ano pasado a comunidade galega acolleu a máis de 300 menores de entre 8 e 12 anos.

Paralelamente, a Asociación ‘Solidariedade Galega co Pobo Saharaui promove outras actividades para recadar fondos, co fin de poder traer ó maior número de nenos/as posible. Nestes momentos realízase unha campaña de recollida de roupa usada (no baixo da Casa da Cultura), para a súa reciclaxe co fin de obter ingresos económicos cos que xestionar o programa.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal