Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO OFRECEU FORMACIÓN A 246 PERSOAS DENTRO DO PROGRAMA MUNICIPAL 'HABILITA 2014'
Ofertáronse seis especialidades diferentes, todas elas cun marcado carácter práctico.
Narón, 27 de Xaneiro de 2015.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Formación Laboral e Emprego, Mª del Mar Gómez, entregaron hoxe os diplomas correspondentes ó Programa Municipal ‘Habilita 2014’. Un total de 246 alumnos/as remataron con éxito os cursos ofertados a través deste programa, unha parte dos cales recolleron hoxe as súas acreditacións. Estes cursos son de carácter gratuito, e están dirixidos a persoas maiores de idade, empadroadas en Narón e que se atopen en situación de desemprego. Durante o ano pasado, ofertáronse ata 6 especialidades diferentes: -Prevención de Riscos Laborais (73 alumnos) -Hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos (96 alumnos) -Aerografía (10 alumnos) -Plan de empresa (9 diplomas) -Curso preparatorio do permiso BTP (44 alumnos) -Iniciación á soldadura (14 alumnos) O goberno municipal investiu máis de 30.000 euros neste programa municipal de formación, e o alumnado participante pode agora continuar o seu itinerario de inserción profesional a través do asesoramento dos técnicos de emprego do Concello de Narón. Porque tal e como recordou o Alcalde, “os concellos temos poucas competencias en materia de emprego, pero podemos ofrecer formación e asesoramento, e nos tempos que vivimos é de gran importancia estar o mellor preparado posible” declarou José Manuel Blanco.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal