Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS SUMA 3.500 KGS. DE ALIMENTOS PROCEDENTES DE DOACIÓNS PARTICULARES DURANTE O NADAL
O CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS SUMA 3.500 KGS. DE ALIMENTOS PROCEDENTES DE DOACIÓNS PARTICULARES DURANTE O NADAL
Ademáis, o Concello realizou unha aportación de 10.500€ en alimentación, produtos de farmacia e material escolar.
Narón, 27 de Xaneiro de 2015.- A Concelleira de Acción Social de Narón, Catalina García, ven de ofrecer os datos das aportacións realizadas durante a Campaña de Nadal con destino ó Centro de Recursos Solidarios (CRS) de Narón.

Como se recordará, o sábado 3 de xaneiro celebrouse a I Xornada Solidaria de Fútbol Sala a beneficio do CRS, organizada polo Club Cidade de Narón de Futsal, na que a entrada era un kilo de alimentos. Neste evento recadáronse 1.000 kilos de alimentos.

Dous dias despois, na Cabalgata Solidaria promovida polo Concello, xuntáronse un total de 2.500 kilos de alimentos co mesmo destino.

Ademáis, dende a Concellería de Acción Social de Narón, realizouse unha aportación de 10.500€ ó Centro de Recursos Solidarios para a Campaña de Nadal, repartidos da seguinte maneira:

-Aceite e leite (4.000€)
-Produtos de farmacia (4.500€)
-Material escolar (2.000€)

A Concelleira de Acción Social, Catalina García, agradeceu hoxe a solidariedade de toda a xente que colaborou con esta entidade, que presta servizo a tódalas persoas de Narón e comarca que o precisen. “Quero agradecer á xente a súa colaboración e a súa solidariedade co Centro de Recursos Solidarios cada vez que se convoca unha campaña de recollida” indicou a edil, engadindo que “as portas do centro están abertas todo o ano para continuar recollendo aportacións”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal