Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
TELÉFONOS DO SERVIZO DE EMERXENCIAS NARÓN: 981 390 000 OU 112
TELÉFONOS DO SERVIZO DE EMERXENCIAS NARÓN: 981 390 000 OU 112
O equipo formado por 15 axentes de Seguridade presta servizo dende o venres 6 de febreiro, con base nas instalacións de Protección Civil.
Narón, 6 de Febreiro de 2015.- O novo persoal de Emerxencias Narón presta servizo dende hoxe, venres 6 de febrero, en substitución dos Bombeiros de Ferrol. Ante calquera demanda de axuda, os vecinos e veciñas de Narón deberán chamar a algún destes dous teléfonos: 981 390 000 ou 112.

En total son 15 axentes de Emerxencias os que se encargan de prestar o servizo de prevención e extinción de incendios no termo municipal de Narón, unha vez extinguido o convenio co Concello de Ferrol debido ó reiterado incumprimento do mesmo por parte do concello departamental.

O servizo de Emerxencias Narón foi creado no ano 2012, ó amparo do Regulamento do servizo de emerxencias, protección civil, prevención e extinción de incendios. Dende hoxe, este servizo está ampliado con 15 novos membros, que esta semana firmaron o contrato temporal por obra e servizo determinado. Cabe destacar que tódolos seleccionados pasaron diferentes probas teóricas e prácticas nas que demostraron as súas capacidades, e algúns deles teñen experiencia noutros servizos contraincendios coma os GES ou os bombeiros de Aena.

A temporalidade destes contratos dependerá en todo caso do modelo a seguir por parte do Consorcio Contraincendios de Galicia para resolver a situación que creou ó deixar a Narón fora do Mapa de Emerxencias de Galicia. De todos xeitos, o Consorcio Contraincendios xa ten confirmado ó Concello de Narón que prestará o seu apoio en tódolos casos de perigo que se lle requira. O Concello de Narón segue reivindicando a creación dun parque de bombeiros comarcal, e mentres isto non suceda, o servizo estará atendido por Emerxencias Narón, baixo a coordinación de Rafael Pazos. As instalacións deste servizo son as de Protección Civil, no Polígono de Río do Pozo.

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o Concelleiro de Seguridade Cidadá e Protección Civil, Guillermo Sánchez Fojo, déronlles a benvida ós novos traballadores, recordándolles que “Narón é un concello distinto a outros. Aquí todos somos unha piña” declarou o primeiro edil. José Manuel Blanco desexoulles “que a vosa estancia aquí sexa o máis productiva e beneficiosa para vos, para nos, e sobre todo para a verdadeira razón de ser desta Administración: as veciñas e os veciños de Narón, ós que todos nos debemos na procura da mellor asistencia e satisfacción”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal