Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ROLDA DE REUNIÓNS CO TEXIDO EMPRESARIAL DA COMARCA DE FERROLTERRA
A Concelleira de Promoción Económica, Angeles Díaz, iniciou hoxe unha rolda de contactos cos empresarios de Ferrolterra, acompañada polo Alcalde de Narón, Xoán Gato Díaz. O primeiro encontro desenvolveuse esta mañá co Presidente da Confederación de Empresarios de Ferrolterra (CEFEOR), Angel García, e co Presidente da Asociación de Empresarios do Polígono de As Lagoas, Jose Luis Casal.
NARÓN, Martes 6 de Novembro de 2007.- O obxectivo destes encontros é coñecer de primeira man a situación actual das empresas de Narón e comarca, os seus retos de futuro e as súas necesidades. Para elo, a Concelleira entrevistarase ó longo desta semana con responsables das distintas asociacións empresariais de Ferrolterra. Mañá mércores, a cita será co Presidente da Asociación de Empresarios de Ferrolterra (AEF), Jose Ramón Franco. Xa o venres, a Tenente de Alcalde manterá unha reunión coa directiva da Confederación de Empresarios de Ferrol (CEF). Está pendente de confirmación a xuntanza co Presidente da Cámara de Comercio de Ferrol, Francisco Cruz. Angeles Díaz ten intención de recibir tamén ós presidentes das asociacións de comerciantes de A Gándara e Santa Rita (Xuvia). Máis adiante, a Concelleira de Promoción Económica tomará contacto cos sindicatos de Ferrolterra, para coñecer tamén o seu punto de vista sobre a realidade empresarial de Ferrolterra en xeral, e de Narón en particular.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal