Terá lugar o sábado 14 de febrero no Pazo da Cultura, con entrada de balde (imprescindible retirar as invitacións nas taquillas).
Narón, 9 de Febreiro de 2015.- O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, presentou hoxe en rolda de prensa o tradicional Festival de Comparsas que terá lugar o sábado 14 de febreiro no Pazo da Cultura de Narón. As invitacións para asistir poden retirarse gratuitamente nas billeteiras do Pazo dende hoxe, en horario de 10:30 a 14:00 e de 18:00 a 20:30 horas. Entregaranse un máximo de 4 entradas por persoa.
O delegado de Cultura explicou que este ano haberá 10 comparsas participantes, que son as seguintes:
De Narón:
-Os Parrandolos da Sociedade Cultural Areosa (Piñeiros).
-Os Colludos da ASCM (O Alto).
-Troupele, Troupele (A Gándara).
-Os Argalleiros (A Gándara).
-O Aturuxo de Melpómene (Xuvia).
-Os Nenos de Lola (Virxe do Mar-A Solaina).
Da comarca:
-Os Trastos (Valdoviño).
-A Revolta (Ferrol).
-A Canteira (Neda).
-Os Xunquiños (Fene).
As comparsas sairán do Pavillón da Mocidade e irán desfilando polas rúas do barrio de A Gándara ata chegar ó Pazo da Cultura, onde se celebrará o desfile a partires das 18:00 horas. Cada agrupación estará formada por un mínimo de 15 membros e as letras das súas cancións falarán de temas locais de Narón, empregando para elo o idioma galego. Disporán dun máximo de 10 minutos para actuar, nos que farán unha crítica humorística de todo o acontecido no ano 2014.
O Padroado da Cultura do Concello de Narón asignará unha achega económica a cada comparsa, que irá dende os 250€ (para comparsas de fóra de Narón) ata os 500€ (comparsas locais). Ademáis, estableceranse os seguintes premios: 1º, 2º e 3º premio, que consistirán nunha figura conmemorativa do Entroido 2015. O xurado terá en conta a orixinalidade dos disfraces, o enxeño da crítica feita na actuación, a calidade musical e a promoción do Entroido.
Ademáis, as comparsas de Narón participarán na Festa do Cocido da Gándara e no programa Narón Gastronómico, realizando animación polas rúas do Concello o xoves 12 e o sábado 14 despois do Festival de Entroido.