Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLERÍA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ PROMOVE UN CURSO DE FORMACIÓN DIRIXIDO A ENTIDADES DE NARÓN
Se celebrarán en catro sesións do 24 de febrero ó 11 de marzo, e serán impartidas pola Escola de Participación Cidadá de Narón.
Narón, 17 de Febreiro de 2015.- A Concellería de Participación Cidadá de Narón, dirixida pola edil Catalina García, ven de programar un curso de formación para entidades rexistradas en Narón. Baixo o título “Cómo mellorar a nosa asociación” este seminario se celebrará do 24 de febreiro ó 11 de marzo, e será impartido por técnicos da Escola de Participación Cidadá de Narón. O obxectivo deste curso é formar ó movemento asociativo nas ferramentas de participación cidadá que se poden desenvolver dende o ámbito local. Para iso, tomarase como referencia o Regulamento Orgánico de Participación Cidadá do Concello de Narón, así coma as opcións e os espazos para a participación que nel se recollen. De forma específica, tamén se achegará ós colectivos cidadáns a formación básica sobre a participación cidadá no ámbito municipal. Ademáis, se abrirá un espazo para o coñecemento, intercambios de experiencias e a reflexión crítica respecto da situación do movemento asociativo no concello e das relacións que manteñen coas administracións e outros axentes sociais. Por último, dotarase ás entidades de coñecementos que fortalezan o asociacionismo nunha nova estratexia de relación co seu concello, na que formen parte activa no deseño de accións futuras. Poderán participar nos seminarios as persoas que formen parte das asociacións do Concello. A formación se repartirá en 4 sesións (tres delas presenciais e unha conxunta) cunha duración de 2,5 horas cada unha. O programa formativo é o seguinte: Primeira sesión -Achegamento ó novo escenario relacional da Administración Local: A participación cidadá como factor de innovación democrática. -Claves para conducir as políticas participativas: elementos e condicionantes a ter en conta nos procesos participativos. -Axentes a ter en conta nos procesos participativos: quen é quen na participación. O papel dos colectivos civís. Segunda sesión -Cómo desenvolver un proceso participativo: o como da participación. -Espazos para a participación: dos tradicionais a fórmulas máis innovadoras. -Experiencias e modelos de participación: dos orzamentos participativos á planificación urbanística. Terceira sesión -Toma de decisións nos procesos participativos. -Características a coidar nos procesos de participación. -As asociacións como entes participativos. Constitución e funcionamento. -Dinámica asociativa na elaboración e presentación de proxectos. Cuarta sesión -Identificación e valoración. Espazos e mecanismos de participación cidadá recollidos no Regulamento de Participación Cidadá do Concello. -Posibilidades e prioridades no deseño dun proceso participativo no concello. -Formulación de accións específicas. Valoración da prioridade e viabilidade. PRIMEIRA SESIÓN Data Horario Lugares Martes 24 de febreiro 19:00-21:30 Local Social de O Val Mércores 25 de febreiro 18:30-21:00 Local Social de A Gándara Xoves 26 de febreiro 19:00-21:30 Local Social de O Couto SEGUNDA SESIÓN Data Horario Lugar Martes 3 de marzo 19:00-21:30 Local Social de Freixeiro Mércores 4 de marzo 18:30-21:00 Local da AVV Chafarís Xoves 5 de marzo 19:00-21:30 Local As. Maiores Pedroso TERCEIRA SESIÓN Data Horario Lugar Martes 10 de marzo 18:30-21:00 Local Social de O Val Mércores 11 de marzo 18:30-21:00 Local As. Chamorro (O Val) Mércores 10 de marzo 19:00-21:30 Local Social de A Gándara Xoves 12 de marzo 19:00-21:30 Local Social AVV O Alto A data da cuarta sesión (conxunta) aínda está sen pechar. Se celebrará o mércores 25 ou xoves 26 de marzo, ou ben na primeira semana de abril.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal