Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO ENTREGA OS PREMIOS DO CONCURSO DE TAPAS DE ENTROIDO 2015, INCLUIDO NO PROGRAMA 'NARÓN GASTRONÓMICO'
O CONCELLO ENTREGA OS PREMIOS DO CONCURSO DE TAPAS DE ENTROIDO 2015, INCLUIDO NO PROGRAMA 'NARÓN GASTRONÓMICO'
Participaron máis de 30 establecementos de hostelería neste concurso, que se disputou do 12 ó 18 de febreiro.
Narón. Xoves 26 de febreiro de 2015./ Mesón O Pío, Cervecería Indalo, Gastrobar Piñeiros, Café-Bar A Cachimba e Mesón O Forno resultaron gañadores no Concurso de Tapas Entroido 2015 organizado polo Concello de Narón do 12 ao 18 de febreiro no marco do programa Narón Gastronómico. Os premios foron anunciados hoxe polo Concelleiro de Promoción Económica de Narón, Pablo Villamar, que estivo acompañado polo Alcalde, José Manuel Blanco, a Concelleira de Turismo, María Rodríguez Porto, e os propios gañadores que acudiron a recoller os galardóns.

Mesón O Pío gañou por segundo ano consecutivo o Premio de Votación Popular, dotado nesta edición con 200 euros e unha placa honorífica, pola tapa “Chula de garavanzos e grelos con montadiño de cacheira celta e costra de millo”.

Os establecementos gañadores na modalidade de Xurado Profesional foron: 1º Premio dotado con 500 euros e unha placa: Cervexaría Indalo coa tapa “Roliño de grelos de Entroido”; 2º Premio, dotado con 300 euros e unha placa, Mesón o Pío coa tapa “Orella de chocolate e vainilla sobre natilla lixeira de anís estrelado e bombón”.

Este ano, o terceiro premio (dotado con 150 euros e unha placa) compárteno os seguintes establecementos: Gastrobar Piñeiros, coa tapa “Empanada de lacón con grelos”; Café-Bar A Cachimba, coa tapa “torrada con bacallao, pasas e piñóns; e Mesón O Forno, coa tapa “Orella”.

O xurado do certame, estivo formado por José Luis Suárez (ex concelleiro de Turismo de Narón), Eliseo Faraldo (membro da asociación gastronómica “Os Cazoleiros”) e o concelleiro de Promoción Económica de Narón, Pablo Villamar. Todos destacaron a gran calidade das creacións preparadas para o concurso gastronómico, así como a gran participación da veciñanza.

Sorteo
Hoxe tamén tivo lugar no consistorio o sorteo das cinco ceas para dúas persoas entre o público que participou nas votacións. Fíxose mediante a recollida das papeletas de forma aleatoria entre todas as depositadas nas urnas durante o concurso (aproximadamente 2.000). A organización do certame porase en contacto cos agraciados nos vindeiros días para comunicarlles as datas e o lugar no que poden celebrar o velada.

Un total de 25 establecementos participantes
Un total de 25 establecementos de hostalería de Narón participaron nesta edición do Concurso de Tapas do Entroido 2015 ao que se presentaron 30 creacións culinarias típicas do entroido doces e salgadas. Foron os seguintes:

Zona Urbana
Cervecería Australian (Es-Cocido); Cervecería Indalo (Roliño de Grelos de Entroido; Cervecería O Druida (Caldo na cunca de pan acompañado con chupito de falso cocido; Tallaríns de fociño de porco); Cervecería Urban (Cocido de Entroido); Os Arquiños (Croquetas de Entroido); Sidrería O Bosque (Croqueta de Entroido); Cervecería La Salmantina (Careta afumada); Mesón CyC1406 (Carrilleiras en redución de viño branco con pataca fritida); La Salita (A Tapa da miña casa); Bar Vituco (Cocido de Grelos); Café-Bar A Cachimba (Torrada con bacallau, pasas e piñóns; Orellas bomba recheas de pudin de mazá, canela e limón); Cervecería 1906 (Montadiño de Entroido); Restaurante El Refugio (Aleghre-nós); Gastrobar Piñeiros (Empanada de lacón con grelos; filloas de anís); Mesón O Pío (Chula rechea de garavanzos e grelos con montadiño de Cacheira celta e costra de millo; Orella de chocolate e vainilla sobre natilla lixeira de anís estrelado e Bombón); Vagón Bar (Da Corte e da horta); Restaurante Fortunato (Lacón con verduras); Cafetería Chus (Entroido do Chus); Romero II (Cocido Ibérico); A Tapería (Empanada de cocido).

Zona rural
Mesón O Forno (Orella); Café Bar Marinito (Cocido Marinito); Xatova (Montadiño de cocido, Xatova de Entroido); Café Bar O Cuco (Costela ao caldeiro); Restaurante A Trasanquesa (O Greliño).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal