Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLERÍA DE IGUALDADE OFRECERÁ CHARLAS INFORMATIVAS SOBRE AUTOCOIDADOS PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Tamén se homenaxeará á Muller do Ano 2015, e se celebrará a tradicional Cea das Mulleres.
Narón, 26 de Febreiro de 2015.- A Concelleira de Igualdade de Narón, Teresa Sabio, presentou hoxe en rolda de prensa as actividades que se levarán a cabo con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. Os actos darán comezo o venres 6 de marzo co nomeamento institucional da Muller do ano 2015, cuxo nome darase a coñecer no transcurso do acto, previsto para as 12:00 horas no Concello. A seguinte acción está prevista para o venres 13 de marzo, data na que se celebrará a tradicional Cea das Mulleres. A cita será ás 21:30 horas no restaurante Casa Becerra (San Xiao-Narón), e o prazo para adquirir as entradas estará aberto do 2 ó 10 de marzo. A continuación, celebraranse tres obradoiros de saúde e autocoidados: -Luns 16 de marzo: Obradoiro de Sensibilización contra o cancro de mama (ás 16:00 horas no local da Fundación Terra de Trasancos –O Val-). -Venres 27 de marzo: Obradoiro sobre o diafragma pélvico (ás 19:00 horas, no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros –A Gándara-). -Sábado 28 de marzo: Obradoiro de autodefensa para mulleres (ás 10:30 horas no Local Social de O Val). Estas actividades realízanse en colaboración co movemento asociativo de Narón. Para calquera dúbida, as interesadas poden contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal (teléfono 981 33 77 00 –extensión 1108).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal