O ALCALDE E A SEPES CONCRETAN OS DETALLES PARA COMERCIALIZAR O SECTOR IV DO POLÍGONO DE RIO DO POZO
O Alcalde de Narón, Xoán Gato, calificou a reunión mantida hoxe en Madrid con responsables da Entidad Pública del Suelo (SEPES) como moi positiva. Tanto o Primeiro Edil coma a Concelleira de Promoción e Xestión de Polígonos Industriais, Angeles Díaz, salientaron a receptividade do director de Promoción e Desenvolvemento da SEPES, Francisco Moza, e do Xefe da división comercial, Francisco Fernández.
NARON, Luns 12 de Novembro do 2007.- O encontro se prolongou por espacio de dúas horas, e no transcurso do mesmo os responsables da SEPES anunciaron ó Alcalde que a comercialización das 144 parcelas do sector IV do polígono industrial de Río do Pozo –xa urbanizadas- se realizará a partires da primeira quincena do mes de decembro.
Durante a entrevista, tamén se trataron outros temas coma a sinalización da Estrada de Santa Margarita ó seu paso polo polígono, ou a falta de suministro eléctrico e telefónico nesta ampliación do parque empresarial, de máis de 600.000 metros cadrados de superficie neta.
Pola súa banda, a Concelleira de Promoción e Xestión de Polígonos Industriais, Angeles Díaz, salientou a boa disposición dos responsables da SEPES “coas nosas demandas e a situación da zona”, engadíu.