Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A CONCELLERÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA OFRECE UNHA NOVA CHARLA DIRIXIDA A COMERCIANTES E AUTÓNOMOS
A CONCELLERÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA OFRECE UNHA NOVA CHARLA DIRIXIDA A COMERCIANTES E AUTÓNOMOS
O xoves 4 de marzo ás 20:00 horas no Café Teatro do Pazo impartirase unha nova sesión sobre Eficiencia Enerxética, con entrada libre.
Narón, 2 de Marzo de 2015.- O Concelleiro de Promoción Económica de Narón, Pablo Villamar, e a representante da Asociación de Comerciantes de Narón (ACN), Eva Pena, presentaron hoxe en rolda de prensa a charla “Eficiencia enerxética e PAREER” que se desenvolverá no Café Teatro do Pazo da Cultura o xoves 5 de marzo, a partires das 20:00 horas e con entrada de balde.

A charla sobre Eficiencia enerxética e PAREER (Programa de Axudas para a Rehabilitación Enerxética de Edificios existentes do Sector Residencial) está aberta a toda a sociedade en xeral, e será impartida por Sergio Ferreiro. Esta conferencia engádese ó ciclo de charlas informativas dirixidas a autónomos, pequenos e medianos empresarios e comerciantes, promovido polo Concello de Narón e a ACN.

O ciclo de charlas continuará o xoves 12 de marzo coa conferencia “Estratexias para o incremento das vendas” que impartirá Rocío Infante, asesora de Marketing. A última cita será o xoves 23 de abril coa charla “Planificación Patrimonial: cómo crear e xestionar o teu plan de pensións”, novamente a cargo de Patricia Vilar (avogada) e Manuel Rey (economista).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal