Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O EQUIPO DE EDUCACIÓN VIAL AMPLÍASE COA INCORPORACIÓN DUNHA AXENTE DE POLICÍA LOCAL
Ofreceranse charlas nas asociacións de vecinos, centros de maiores, escolas infantís municipais, e talleres prácticos para embarazadas.
Narón, 2 de Marzo de 2015.- O Concelleiro de Seguridade Cidadá de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, presentou hoxe en rolda de prensa a incorporación dunha axente de Policía Local á unidade de Educación Vial. A policía Sonia López Díaz, pertencente á plantilla da Policía Local de Narón, pasa a integrarse neste equipo xunto con Pedro Caneiro e Simón Cabarcos. Esta nova incorporación permitirá desenvolver un maior número de actividades relacionadas coa educación vial, como charlas nos Centros de Maiores, nas Asociacións de Veciños e nas Escolas Infantís Municipais, actividades dirixidas a embarazadas e incluso a realización dun conto infantil. As charlas informativas sobre seguridade vial se levarán a cabo a partires deste mes de marzo nos locais sociais municipais e nos centros de maiores do municipio. A primeira cita será o xoves 4 de marzo (de 16:30 a 18.00 horas) na Fundación Terra de Trasancos (O Val). Outra das novidades deste programa é a realización dun taller teórico/práctico para embarazadas en colaboración co Centro de Saúde de Narón, no que se lles ofrecerán consellos para viaxar e para conducir de forma segura, e se lles dará a coñecer os sistemas de retención infantil (normas i-Size e R-44). Asimesmo, o equipo de Educación Viaria realizará un conto infantil inspirado neste tema, coa participación de Paula Merlán e Antonio Seijas, e posteriormente se adaptará o conto ó teatro. Recentemente, o Concello de Narón ven de adherirse á Carta Europea de Seguridade Vial (aprobada por unanimidade no Pleno do 26/02/2015), o que permitirá desenvolver novas accións nesta materia.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal