Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO ELIXE Á MATRONA ISAURA GONZÁLEZ 'MULLER DO ANO 2015' POLA SÚA TRAXECTORIA PROFESIONAL
O CONCELLO ELIXE Á MATRONA ISAURA GONZÁLEZ 'MULLER DO ANO 2015' POLA SÚA TRAXECTORIA PROFESIONAL
A Corporación Municipal distingue a esta profesional pola súa implicación no traballo
Narón, 6 de Marzo de 2015.- O Concello de Narón acolleu hoxe unha recepción institucional á Muller do Ano 2015, na que participaron o Alcalde, José Manuel Blanco, a Concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, membros da Corporación Municipal de Narón e familiares e amigos da homenaxeada.

Neste ano, a persoa distinguida con este título é Isaura González Martínez, matrona do Centro de Saúde de Narón e fundadora da asociación de apoio á lactancia materna BBTTA. Vocación, sensibilidade e gran intuición son os adxectivos que mellor definen a esta profesional da saúde, cun extenso currículo entre o que se poden destacar os seguintes méritos:

-Presidenta honorífica da asociación BBTTA
-Vicepresidenta da Asociación Galega de Matronas
-Membro do grupo de traballo do Plan de parto para o nacemento do SERGAS
-Promotora e colaboradora do comité de Ferrolterra de Unicef

Isaura González non se limita a exercer a súa profesión no horario habitual, senón que tamén fai visitas domiciliarias e ofrece charlas de educación sexual e talleres de masaxe infantil. Ademáis, colabora co Concello na atención a mulleres en risco de exclusión social e participará nas charlas sobre condución segura para embarazadas, en colaboración co Equipo de Educación Vial.

O recoñecemento da súa traxectoria laboral, cargada de humanidade e de implicación, foi hoxe toda unha sorpresa para ela. A este respecto, declarouse “moi honrada de recibir esta homenaxe, porque axudarame a continuar traballando no camiño no que estou” comentou Isaura González.

O nomeamento da Muller do Ano 2015 forma parte do programa de actos conmemorativos do Día Internacional da Muller. Ademáis, está prevista a celebración da tradicional Cea de Mulleres o venres 13 de marzo, ás 21:30 horas no restaurante Casa Becerra (San Xiao-Narón). As entradas poden reservarse no Concello ata o día 10 de marzo.

Posteriormente, celebraranse tres obradoiros de saúde autocoidados: Obradoiro de Sensibilización contra o cancro de mama (16 de marzo ás 16:00 horas, na Fundación Terra de Trasancos), Obradoiro sobre o diafragma pélvico (27 de marzo ás 19:00 horas, no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros) e o Obradoiro de autodefensa para mulleres (28 de marzo ás 10:30 horas, no Local Social de O Val).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal